Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Hoxe, manifestación

    Onte tivemos en Onda Cero como tema principal a crise do sector lácteo. Como soe suceder, dixéronse unhas cantas cousas, das que non podo reseñar todas, e aínda que sempre dende o apoio ó sector dende diferentes puntos de vista, quedaríame coa reseña de que polo momento non se vislumbra solución, que o sector vai…

  • E agora, os percebes

    Antonte, recollida nos xornais de onte, a nova a nivel provincia foi o peche da planta de Pascual, da que non puiden determinar moi ben a cantidade de litros de leite recollida por contradiccións entre os medios, pero en calquera caso, moita, e que deixa ademáis a 115 persoas como desempleadas, a parte do mazazo…

  • Como formiguiñas

    Pouco a pouco vai facéndose camiño, o que se di, ‘se hace camino al andar, golpe a golpe,” … e así atopamos que son os moitos poucos os máis dignos de recoñecemento, por ser os que ó final contan máis e son máis importantes. a dicción popular está chea de frases pertinentes, en galego e…

  • De visita

    O traballo dos políticos é curioso. Feijóo estivo en Ribadeo para … os actos en homenaxe a Calvo Sotelo ou á inauguración dunha feira de queixo, pan e viño? Para ambos, pero non coinciden na mesma noticia. En canto á homenaxe, coido que quedaría moito que dicir, pero que, ó tempo, xa está todo dito:…

  • A homenaxe a Calvo Sotelo

    Véxoo en retrospectiva, pola prensa, polas notas do concello (unha, duas, tres, catro …), … e pregúntome unha serie de cousas. Teño ganas de ter o libro de homenaxe para botarlle unha ollada a ver se me fai cambiar de opinión. Polo momento, paréceme claro que non son do grupo maioritario que manifestou a súa…

  • 1 de maio. Unha imaxe, Portugal

    Cando un non quere recorrer ó seu, procura no dos demáis… Uma gaivota voava voava, … Como ela, somos libres, somos libres de voar… canto dunha nena nun acto de 1º de maio. Nunha cidade chea,uns poucos centos de persoas enchían a manifestación con raiba e esprito. Na capital, unha manifa de dúas horas queixábase…

  • Evento grande

    Evento grande, si, a feira do camiño, con queixo pan e viño. Unha zona enteira do parque. Onte, orquesta na rúa que cerraron entre parque en Cantón, e ata domingo. Despois a festa seguiu. A foto, de Ribadeo ó fondo na capela de San Miguel, un descubrimento de Ribadeo ‘tras lomita’

  • Vándalos

    Calexón entre Rodríguez Murias e Pasarón y Lastra: contedor queimado, máis ben estoupado segundo parecía esta mañá (mágoa de cámara!) na parte alta do calexón, á beira dun oco na parede de Kiddy’s Class. A parede pode verse queimada aínda agora, xa ó mediodía. Poido arder dun xeito doado todo o edificio de entrar o…

  • Nota de prensa sobre a liña de alta tensión

    PROMESAS E REALIDADES No momento de escribir estas liñas xa pasaron once dias dende que rematou o prazo de presentacions de alegacions ao proxecto de subestación electrica. O proxecto da liña de alta tension segue sen sair a exposición publica, pero xa se coñece porque BEGASA mandou aos seus apoderados polas casas a negociar cos…

  • Baixa o río revolto

    Chove en Ribadeo. E baixa o río revolto. Por unha beira o trazado da liña de alta tensión xa ten levado a acusacións de diverso tipo, e segue, aumentando e apostando por forzar variacións sen ter conta o goberno municipal. Por outra, a avaría da patrullera de Ribadeo, que segue fastidiada despois do intento de…