Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.552 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • 5 de setembro

    Despois de ver un artigo de Eduardo Gutiérrez na Comarca, coincidiume pasar polo parque coa cámara, e tomei algunha imaxe referida con temas do artigo. A ocupación dun sitio céntrico e senlleiro de xeito repetido como puxen xa moitas veces no blog, ten os seus máis e os seus menos. Estamos nas patronais. A tenda…

  • A iluminación das festas patronais Ribadeo 2009

    Coa Comarca nas mans, a punto estiven de comentar cousas ‘máis profundas’, pero, en festas, como primeira do día, non vai. En todo caso noutor momento. As fotos, dos modelos de iluminación nas patronais deste ano. Coido que non se me escapou ningún dos usuais nas rúas. Onte, á noite, o Mago Antón; mágoa que…

  • A fonte cavada

    Ano 1778, inscrición no frontispicio da fonte. Un dos lugares máis recollidos e esquecidos de Ribadeo, a poucos pasos do centro, encaixonada entre casas, ou máis ben cabería dicir protexida por elas. A obra recente na rúa que a ela leva deixouna como un atractivo que ten, pero que só usan en xeral os veciños.…

  • Musikeo

    Esta noite pasada foi o Musikeo 2009. A foto, nun momento dunha das actuacións, enmarcada no conxunto de Cabanela. Auditorio ó ár libre que foi acumulando xente, abonda, sen chegar a estar repleto nunha noite cunha boa temperatura, bonita lúa chea e Xúpiter visible.

  • Igualdade en Ribadeo

    Onte mércores tivo lugar a primeira xuntanza da comisión de igualdade do Consello da Muller de Ribadeo. O tema é a construcción dun plan local de igualdade. E a iso se puxeron, pouco a pouco, que o camiño é longo. Teremos máis novas a medida que se vaian producindo as accións, a recollida de información,…

  • Festas e custes

    Estamos na semana de festas. Aínda así, coméntase que hai que apretar o cinturón. E mírase máis (é un dicir…) onde gastar os cartos públicos. Non obstante, a asignación dos mesmos depende de criterios que ás veces escapan á racionalidade en máis dun sentido. Lembrando que estes días tamén hai exames de setembro, asocio a…

  • Programa das Festas patronais Ribadeo 2009

    Aínda que a primeira parte xa transcorreu… A remarcar que non coincide exactamente o título dos apartados do programa co título de cada unha das actuacións. Un exemplo: mañá, ‘concerto dos grupos de Ribadeo’ por ‘Musikeo’.

  • Patronais 2009

    En Ribadeo sempre se da a circunstancias que máis ou menos cando uns comezan os exames, outros (ou os mesmos) comezan o traballo, e outros (ou os mesmos, novamente) comezan as festas. Setembro marca o principal retorno de vacacións, os exámenes de segunda ronda e as festas patronais. E aínda máis, como a formación das…

  • Seguindo co nome da ría de Ribadeo (II)

    (continuación de ‘seguindo co nome da ría de Ribadeo‘, publicado na Comarca este sábado) DOS PANFLETOS ILEGALES (II) Como expusimos en la entrega anterior la Comisión Especializada de Nombres Geográficos del Consejo Superior Geográfico (CENG), en su reunión ordinaria del día 12 de marzo de 2.008, tomó el acuerdo de mantener el nombre oficial de…

  • Artigo de Pancho Campos na Comarca de onte sobre a Ría de Ribadeo e o seu topónimo

    SOBRE A RIA DE RIBADEO Volvemos a ver en estas queridas páxinas de La Comarca del Eo a ignominiosa controversia sobre o topónimo da Ría de Ribadeo. Os artigos de José María Rodriguez, de Victor Moro, de Pancho Ledo e o de Evaristo Lombardero de semanas atrás non teñen desperdicio. Esto estáse salindo de castaño…