Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Sobre as primeiras xornadas da muller

    As primeiras xornadas da muller transcorreron esta mañá con numerosa afluenza de público na Casa do Mar. Non moito novidoso que dicir delas, mais destacar quizáis a segunda charla, de Raquel Arias sobre a muller traballadora, realizada non en clave partidista senón realista. A asistencia, en contraste con outras manifestacións en pro da igualdade.

  • Convocatoria de asamblea de Amigos da Gaita

  • A salto de ría, o mercado son mercados

    Contúa a pugna polo mercado. Segue incrementando postos Castropol. Pero os clientes seguen en Ribadeo, e polo momento só hai promesas dos vendedores de que cando veña o bo tempo si quitarán clientes a Ribadeo. Non o vexo. Mentres, o mercado de Ribadeo segue aparentemente coma sempre. Xente para os dous? Desprazamento para non vender,…

  • Aleluia?

    Remato de ver na web do concello unha nova, “REÚNESE NUNHA SESIÓN EXTRAORDINARIA O VENRES da Xunta de portavoces“, o que indicaría un contido común máis na web. Contido común e desexado, que indicaría un novo recorrido da web municipal cara á inclusión das convocatorias dos plenos, por exemplo, permitindo unha reacción anterior e participación…

  • El sistema se defiende por todos los medios, Justicia incluida.

    Copio a frase final dunha entrada de im-pulso. Coido que é autoexplicativo.

  • Retos da muller no S. XXI

    Sábado 28 de novembro, no Salón de Actos da Casa do Mar, de Ribadeo, organizado por NNXX: PRIMEIRAS XORNADAS DA MULLER Retos da muller no século XXI: 11:30h – I conferencia: A muller fundamento da familia Conferenciante: Emma Álvarez Chao 12:00h – II conferencia: A muller traballadora Conferenciante: Raquel Arias 12:30h – III conferencia: A…

  • A representación pola igualdade

    “Emerxendo das cloacas, (…) saíron como ratas os heroes de última hora, os tiranos de mañá” (Curzio Malaparte, “A pel”) A frase é aplicada ós virachaquetas dun espazo liberado na II guerra mundial. Pero é polivalente, serve para calquera conflito: xente que agacha a cabeza ata que pasa a loita e logo se apunta ó…

  • Referido ó Alakrana, a feito pasado

    Coido que, despois de ver un blog en ‘Público‘, o referido na nova do ‘El País‘ é do mellor para reflexionar (ver o parágrafo que comeza “Sobre la zona de seguridad a la que alude el Ministerio de Defensa“), mesmo quitadas do medio as causas profundas, os cartos e outras disquisicións. (tamén quitadas outras cousas…

  • Actos para o domingo 22-N do observatorio da mariña pola igualdade

    O Observatorio da Mariña pola Igualdade escenificará este domingo en Ribadeo a obra teatral “Tirando do fío da vergoña”, coa que participa nun concurso do Ministerio de Igualdad Na representación da obra, que busca concienciar á poboación sobre a lacra da violencia machista, participarán persoas doutros colectivos sociais e culturais da Mariña Este domingo a…

  • Divide e vencerás. Asamblea sobre a área Sanitaria

    Catro persoas na mesa (Pancho Campos, Tesón; Pilar, CIG, Andrade, CSIF; Rosa, CCOO). 21, no máximo, nas butacas. Isa foi a asistencia en Ribadeo, no auditorio Hernán Naval (estaba convocada na ‘casa da cultura’) a unha xuntanza sobre o futuro dun servizo sanitario que abrangue a 72 000 cartillas (desprazados veraniegos aparte), correspondendo a zona…