Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.375 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Un novo ano, 2010

    … Cheo de desexos e vontade para cumprilos. Pode que cun chegue. Collo, de xeito case aleatorio, unha entrada de Kriptópolis e quédome cunhas das frases finais (aconsello ler toda a entrada, coido que paga a pena aínda que se refira a un tema concreto). Para metelas no blog, descontextualízoas de xeito coidadoso para xeralizalas…

  • Sobre a San Silvestre 2009

    Unha foto da chegada dun grupo cara ó final e os planos dos dous recorridos, dos maiores (ver post anterior sobre a San Silvestre; o recorrido variou algo) e dos pequenos. A San Silvestre de hoxe foi con diferencia a máis numerosa ata o momento, duplicando o número da edición pasada.

  • Ia todo tan rápido, que non daba tempo nin a manipulalo!

    Recollido do blog de Enrique Dans.

  • Primi

    Con data de onte enviei o seguinte texto para a Comarca, ó fío da entrada realizada sobre Primi. Primi Hai xa tempo, no ano 2007, con motivo do Día das Letras Galegas, deixei escrito noutro lugar “Día no que por outra parte, a súa adicatoria a María Mariño me leva a lembrar unha escritora ribadense…

  • Os 10 000

    Na Anábase, Xenofonte narra a epopeia dos 10 000 guerreiros gregos que tivero que retornar á súa terra despois de loitar entre os persas. Voltaron sen caudillos previos (ver a Galipedia ou mellor, ler a Anábase) e sen perder xente, en malas condicións, rodeados de inimigos. Certamente, unha epopeia. Ribadeo quédase á porta dos 10…

  • Cando a industria domina a cultura, o resultado é puro consumo

    O título corresponde a unha cita de T.W.Adorno en ‘Público‘ do 20091227. En datas navideñas, podemos preguntarnos polas orixes do ‘puro consumo’ sen cinguilas á cultura.

  • Os Santos Inocentes

    Os Santos Inocentes pagaron o pato do nacemento de Xesús, di a crónica. Xesús naceu xa perseguido, e, a modo de señuelos para despistar os misiles disparados contra un avión, tentaron despistar, e conseguírono parece, do nacemento de Xesús. A cambio, as súas vidas. E agora, en lembranza, fánse as inocentadas. Por iso das inocentadas,…

  • Un artigo sobre sanidade: ¿Que pasa na sanidade pública da Mariña?

    Pancho Campos Dorado Desde o día oito de Outubro do 2009, constituíuse unha Plataforma Cidadá en Defensa da Área Sanitaria Norte da provincia de Lugo, esto é, da Área da Mariña en defensa do Hospital da Costa de Burela. Dita Plataforma confórmase con todo tipo de asociacións e organizacións veciñais, culturais, deportivas, etc., así como,…

  • Segue o Nadal

    pero non deixa de haber pedras no camiño. Será por eso polo que para despois do día 28, o dos inocentes, o 29 celebrarse a nova asamblea do C.N. de Ribadeo, que xa está sendo discutida antes de facerse. Servirá para comezar o ano coas cousas claras pola maior asociación radicada en Ribadeo?

  • Temos que voltar a aprender que podemos cambiar as cousas

    O título corresponde a unha cita de Ingo Schulze en ‘Le Monde Diplomatique en español‘, p. 11 do número de novembro de 2009, tomada do mesmo artigo no que se pode ler “Se os dirixentes se tornan máis tontos que os dirixidos, dirixímonos á catástrofe”, citando a Elmar Faber e Gramsci. “A crise alimentaria podería…