Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.553 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Sobre os dereitos, igualdade e felicidade

    Hai un par de semanas podía lerse nun titular de prensa: ‘As desigualdades perxudican á felicidade‘. Non é ningunha novidade, pois periodicamente estudos e novas veñen a confirmalo: as sociedades máis igualitarias e participativas tenden acadar maiores índices de felicidade, medida por diversos parámetros. De feito, o Premio Nobel de economía Amartya Sen, a quen…

  • Rematando coas letras

    Rematando o día das letras, ocórreseme que saíu moita xente fóra. A Santiago, por exemplo, a unha manifestación a favor da continuidade do galego. A Oviedo, de compras. A outros moitos lugares. Onde habería máis xente, no lonxano Santiago (175 km) ou no achegado Oviedo (132 km)? Á beira, a postal conmemorativa das letras galegas,…

  • Libro da Semana Santa 2007

    Hoxe deixei colgado en Publicado en Ribadeo o libro da semana Santa 2007.

  • Regularizando situacións

    Dende hai agora un ano viña coleando unha situación inusual na dirección da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. A finalización hai pouco tempo do expediente levantado a Lourenço Cruz desembocou onte en que fora despedido. Queda unha actuación no xulgado, e o paso de provisional a definitiva a resolución sobre a dirección…

  • Asuntos para hoxe

    Hoxe está prevista a toma de posesión da nova directiva de ACISA, e tamén hai un pleno interesante. O que pasará en ACISA está previsto dende hai tempo xa; o que pasará no pleno, é previsible alomenos en parte, e máis dada a nota de prensa que ligo. Está claro que a variación proposta para…

  • Arqueoloxía na ría de Ribadeo

    Bastou unha nota de prensa do concello sobre restos arqueolóxicos na ría de ribadeo para que xurdira outro ataque preventivo dende a parte asturiana. Estamos xa afeitos a enfrontamentos deste tipo, nos que se prodigapor parte das autoridades do Principado aquelo de ‘galegos e asturianos, primos hermanos’, enfatizando coas verbas inicial e final que nós…

  • O regulamento do hospital-asilo

    A raíz dunha nova de prensa, deixo a ligazón á alegación presentada polo Tesón, así como ó regulamento do hospital asilo aínda vixente e ó comentario do pleno no que se fixo unha variación inicial (xaneiro). Nun pobo con taxa de emigración alta, coido que era convinte o facer unha variación ó regulamento que marca…

  • Bandera Católica

    Están colgadas en Publicado en Ribadeo as dúas primeiras páxinas (polo momento, só) do exemplar do quincenal ‘Bandera Católica’ de data 1 de setembro de 1916. Que ten de particular? Varias cousas. En principio, a primeira imaxe da Torre dos Moreno da que se ten noticia, con dous artigos correspondendo con ela, un laudatorio e…

  • Wikileaks

    A conto dunha lectura nunha revista, voltei a entrar en contacto con wikileaks (aquí para unha descrición en castelán) ,web que fai pública información diversa de tipo confidencial, é dicir, información que precisamente se pretende ocultar,por gobernos ou grupos, ós pobos afectados. O seu tamaño actual, medrando rápidamente, pasa longo do millón de arquivos. Nunha…

  • Mellor cidade, mellor vida

    A nova exposición universal, en Xanghai, ten ese lema. Abriu onte, na festa do traballo, cun simbolismo de que unha mellor cidade, unha vida mellor, require traballo, ou converter o traballo nunha festa. Por ribadeo, polo momento, o traballo non é unha festa, senón máis ben unha festa a celebrar, o que se traballe. De…