-
Loitando doutro xeito
Onte unha, e outra hoxe, dúas iniciativas en Ribadeo para loitar contra afeccións humanas: as drogas e o cancro. Presentouse a nova ‘komikea‘, revista pensada para actuar contra a drogadicción. Iso foi onte. E hoxe, o festival contra o cancro, no Hernán Naval ás 20:30, cunha entrada de 5€ e a proxección do video gravado…
-
Reflexións dende o tesón
Os tesóns de Ribadeo son lugares privilexiados para a observación e a reflexión. Teñen o privilexio de permitir estar en moitas ocasións a un só, tendo á vista á ría e podendo observar as cousas en perspectiva. Nunha bela perspectiva na que se teñen a man non só Ribadeo, senón As Figueiras, Castropol e aínda,…
-
Publicado o pdf de Ribadeo de tapeo 2010
Está en publicado en Ribadeo. Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo
-
Mirando a España dende Ribadeo
Remato de ver o último artigo de José Mª Rodríguez. Coido que é dos que dun xeito ou outro, sempre aporta algo. Aínda que non se esteña dacordo con algunhas ideas ou se poda considerar outras como inxenuas.
-
O tren para, Ribadeo non
O expreso da Robla, tren turístico camiño de Santiago, terá unha parada en Ribadeo. Trátase dun novo impuso ó turismo: cearán no parador aínda que durmirán no tren, segundo as novas. É dicir, un impulso á noite dos xoves ribadense, exercido de xeito continuado dende xuño a setembro, que é de supoñer haberá que complementar.…
-
Un caso de victoria veciñal
Na veciñas Figueiras hai algún tempo que se deu a nova da oposición veciñal primeiro, e logo, acordo, co aparcamento do Parque do Pelamio. Dende hai tres semanas, sen novas, implicaría que no houbo outros movementos sobre o tema. O caso é que parece que aoposición veciñal, ben ordenada, deu os seus froitos. E nos…
-
As cruces 2010
Este luns a festa de As cruces supuxo un descanso para moitos, políticos incluídos, que se achegaron alí. Nomeo o de políticos porque por alí houbo unha boa representación do concello ribadense, mentras que seguen de protagonistas nas novas diarias. A festa, a primeira edición que ten actos en ata catro días, a primeira que…
-
De cara á fin de semana en Ribadeo
1. Ribadeo de tapeo ‘2010, que comeza. O libriño pode descargarse en pdf: publicado en Ribadeo. 2.MASTER CLASS, de Terrence McNally: Elenco artístico: MARÍA CALLAS Mabel Rivera PRIMEIRA SOPRANO (Sophie) María Torres SEGUNDA SOPRANO (Sharon) Julia Cea TENOR (Tony) Enrique Martínez PIANISTA (Manny) Lino Braxe Dirección: Xosé M. Rabón No auditorio Hernán Naval, o domingo…
-
Hoxe, actos. Pero, primeiro, política
1. Pleno ás 9 (da mañá). A parte do dito no blog (1, 2, 3), en novas de hoxe (1, 2) queda patente o interesante deste pleno onde se presenta a moción de confianza e as derivacións que pode ter en moción de censura. A hora quizáis faiga que non haxa moita xente, sexa por…
-
Morte, non asasinato
Un lector ou lectora leva varios comentarios en entradas anteriores, fóra de tema da entrada correspondente, lembrándome que non dixen nada da anciana morta na fin de semana na clínica onde estaba a consecuencias das queimaduras causadas por unha pelota que entrou na súa tenda. No seu momento, publiquei ‘xogos de guerra‘, e sigo pensando…
