Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.375 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Sobor da sanidade pública

    Aparece hoxe a nova de que a plataforma pola sanidade pública logrou un pleno de asistencia nun acto convocado en Ribados do Sil, ó sur da provincia. Mentras, en Ribadeo, tamén houbo cheo, pero non por xente do concello, senón por afiliadas ó Sindicato Labrego Galego, que celebraba este fin de semana no Voar unha…

  • De novo, impulso

    Remato de ler dúas entradas seguidas no blog Im-pulso que recomendo a quen se pase por aquí. Son unha relacionada cos mangoneos sobre Garzón e outra sobre a intrusión na privacidade de sesgo de posibilidades dependendo das persoas e o seu poder.

  • Ventás abertas

    Comeza ‘un amaño’ da aduana vella. ‘Un amaño’, que só significará que non se vai vir todo abaixo, pero si que se poidera vir abaixo parte do interior, a pesares dos 200 000 € de orzamento destinados. O caso é que se comeza. Onte mantivemos un primeiro contacto dende O Tesón coas Xuventudes do PP,…

  • Mércores, mercado

    Hai cousa dun ano os mercaderes estaban a piques de voltar ó mercado despois da folga. Este ano a cousa é diferente: o mercado mantívose no inverno, ben que en horas baixas, que algo fai a crise e quen se foi a Castropol. Pero, despois das primeiras semanas, pola novidade da existencia dun mercado en…

  • Mobilidade

    Estase comezando co plan de mobilidade. Unha persoa está entrevistando durante tres días a diversas entidades e colectivos ribadenses para pulsar a súa opinión sobre o tema e outros accesorios ó mesmo. Consultado O Tesón, presentou tres liñas básicas de actuación, as referentes a transporte colectivo, alternativo (tanto bicicletas como mobilidade para discapacitados), e peonil…

  • Sobre o castro das Grobas, de novo

    Hai tempo que o pulo de José Mª Rodríguez impulsou á AVV O Tesón e contribuiu a que o castro das Grobas se limpase e posteriormente se fixeran catas nel. Traballos que remataron a comezos da primavera pasada, e a dicir da xente que alí estivo traballando, e mesmo o que no seu momento puido…

  • Embrollos

    Collo a prensa de hoxe: Mentras se comenta que o urbanismo en Barreiros podería comezar a solucionarse cunha aportación de 12 000 000 € (varios anos de orzamento do concello para solucionar un problema que creou a comandita a propia corporación municipal e alcaldes cos construtores), Ribadeo vóltasde un pouco máis subrealista. Por unha parte,…

  • Tres fotos

    O aparcamento no recheo dos 90 non creo que estivera previsto nin ó comezo como tal aparcamento nin despois como aparcamento de caravanas, pero cunha foto de tres das sete caravanas que había o outro día no porto pode terse unha idea de como se vende e como resultan moitas das obras que se fan,…

  • Unha nova edición (a IV) do concurso de relatos hipercurtos

    “O concurso consiste na presentación de relatos, de textos de 20 palabras exactamente (nin unha máis, nin unha menos) adecuándose ás normas lingüísticas aceptadas en calquera das linguas das Comunidades de Galiza e Asturias: galego, galego eo-naviego , castelán e asturiano. No caso de haber dúbidas será o xurado quen resolva. Os relatos hipercurtos poderán…

  • A neutralidade da rede

    Un concepto que me algo preocupado pola súa supervivencia, e sen o que a rede perdería grande parte do seu valor, mesmo económico, e posiblemente toda potencia social. E algo doado de explicar, como ocorre neste vídeo, recollido dunha entrada en Microsiervos. Unha ligazón que pode resultar útil como introducción á neutralidade na rede.