-
Os grandes son os que van dentro
Onte foi a presentación do libro ‘Os Cocos de Ribadeo’. Coa Oficina de Turismo ateigada de xente, con algún destacado como Chole, porteador durante longos anos (un dos ‘grandes que van dentro’ aludidos na portada do libro) e facedor dun dos cabezudos -Mortadelo ou filemón, non me lembro agora-, Gilberto e Benjamín foron acompañados da…
-
Xullagosto
En Ribadeo, máis que falar do verán habería que falar do xullagosto: unha época que comeza con xullo e exténdese algo máis aló do fin de agosto, abranguendo en certo xeito todo o que duren as festas patroais. Así, hoxe, 16 de agosto, marcaría un difuso comezo do último cuarto extendido do xullagosto ribadense. Aquel…
-
O centro da ría de Ribadeo
Dicir cal é o centro dunha ría non é doado. Non só porque pode haber diferentes criterios de definilo, que levan a puntos tamén diferentes, senón porque a marea fai que o centro se poda considerar variable, viaxeiro dentro dunha zona. Así, o ‘centro’ convírtese tanto nunha especie de elección persoal como nunha referencia. No…
-
Unha nota sobre ‘O ceo de noite, o ceo de día’
Entre onte, 10 de agosto, e hoxe, 11, tiveron lugar as xornadas ‘O ceo de noite, o ceo de día‘. Onte a partires das 22:00, na Casa da ría de Ribadeo en Santa Cruz, tivo lugar a primeira sesión, na que se estudou o crepúsculo e a aparición das estrelas, comezando polas de maior magnitude…
-
O camiño de Santiago no entorno de Ribadeo, un par de comentarios
Hai anos que posteei noutro blog unha entrada relativa ó camiño de Santiago, que a mellorei con gráficos en pdf, ou que puxen na Mariña/El Progreso unha serie de tres artigos sobre o camiño. Retorno sobre o tema a conto dunha pequena escapada que fixen o outro día ata Lourenzá en bicicleta e volta, polo…
-
Un recuncho da ría
A ría de Ribadeo, como un todo ou en relación a partes, leva sido tema en moitos post no blog. Polo nome e a polémica arredor del, pero de xeito primario pola propia ría, as súas características, conservación, etc. E visto o visto, coido que continuará así. O pasado ano, unha vez pasado o verán,…
-
Unha nota sobre autocaravanas e tendas de campaña
Esta noite, alomenos catro autocaravanas e dúas tendas de campaña foron prantadas no parque do Faro da Illa Pancha para os seus propietarias poder ver o mar ó espertar. Supoño que non será un sitio ‘novo’, ó igual que non o é o paseo Alfonso Rodríguez Castelao, o aparcamento do recheo vello ou da praia…
-
O ceo de noite, o ceo de día. Xornadas sobre astronomía en Ribadeo
O ceo de noite, o ceo de día. Celebraránse dúas sesións, de duración estimada 2h cada unha, en colaboración coa A.C. Xerfa. 10/08/2010 ás 22:00 horas, na Casa da ría de Ribadeo O ceo de estrelas en agosto. A cargo de Alfonso Piñeiro Material: Poden traerse prismáticos, telescopios ou planisferios celestes. 11/08/2010 ás 10:00 horas,…
-
Ir de xira
Pasou a Xira 2010. Xira en portugués aplícaselles ás rapazas bonitas, pero aquí o significado é moi outro: a xira de Santa Cruz ten o seu nacemento nunha romaría ad-hoc, na que a música de gaita galega, impulsada pola sociedade Amigos da Gaita, tiña a súa pedra angular. É dicir, a diferenza doutras romarías, coido…
-
Ribadeo en feminino
Ribadeo muller naceu como papel, agora propágase ós bits. A publicación tentou dende o seu nacemento de dar unha pulo ó sentemento feminino en Ribadeo, para evitar unha desigualdade efectiva entre sexos. Dende o comezo, apoiei no que puiden a súa saída, sendo consciente de que unha cousa é desigualdade e outra diferenza, unha un…
