Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • CCA – 2

    Ribadeo ten un Centro Comercial Aberto. Iso sabémolo todos: é unha agrupación de tendas do centro urbán que tratan de potenciarse mutuamente englobándose nunha asociación. Así pois, non é propiamente unha única entidade que aglutina tendas, senón unha acción comunitaria para asemellarse á unión dun centro comercial e aproveitar sinerxias do mellor xeito posible. Tamén…

  • A definición dun porto

        A definición dun porto pasa pola consideración dunha lamela de auga útil e a superficie terrestre usable. Nun porto interno a unha ría relativamente non moi grande, ambas están relacionadas, pois a máis cantidade dunha, menor disponibilidade da outra. En Ribadeo, a lamela de auga que se mermou hai non moito en 8 000…

  • Nadie se atreve a decir en voz alta lo que todos admitimos a la hora del café…

    Collo a frase final da última entrada polo momento de Im-pulso para destacala e dicir que, aínda que foi escrita para o mundo dos traballadores periodísticos, está sucedendo a escala moito maior, e é sintomático que os mesmos traballadores dun sector cun traballo relacionado con dicir a verdade, dígana, en tal caso, ‘na hora do…

  • Todos somos iguais ante a lei? Así debera ser

    O vello principio de igualdade ante a lei non remata de ser asimilado, quizáis nin comprendido, segundo como sexa o que nos afecte. O caso máis recente en Ribadeo son as obras de remodelación do IES Gamallo Fierros para dar cabida no futuro ó IES de Ribadeo, unión do Gamallo co Porta da Auga. Comezan…

  • Pasou o día, pero non a romería.

    10/10/10: Día internacional de solucións climáticas. 07/10/10: Xornada internacional polo traballo decente. Repercusions? que se viran por aquí, nulas. En ambos casos sería bon que tiveran acadado os seus obxectivos. Non parece que fora así en ningún deles. Nin tampoico que se lograra unha difusión adecuada para que o intento tivera visos de chegar a…

  • Como unha piña

    Con abondos días de ventaxa sobre o previsto inicialmente, os mineiros chilenos atrapados dende hai máis de dous meses teñen comezado a saír, unha volta que a sonda chegou ó nicho no que se atopan. Volve a efervescencia de novas, e vese outra vez aparentemente a un pobo/nación/estado aglutinarse arredor, e a alegría que eso…

  • Ribadeo e … o mar

    O pasado sábado foi a charla de Pancho Campos ‘Ribadeo e … o mar’. Collido o audio, estou mirando como subir un ficheiro abondo grande a un sitio internet onde sexa doado para todo o mundo poder acceder. Por? Porque coido que paga a pena. Relacionado co anterior, deixo dúas fotos. Unha, subida da charla…

  • Están tolos estes romanos… De recuperacións e abandonos

    Poñendo en perspectiva as cousas, se sobre o Castro das Grobas xa se levan feito dúas ou tres actuacións (pequenas, pero interesantes cada unha delas), e se leva abandoado dende a última, hai ano e medio, non queda menos que recibir cun sorriso como boa idea a recuperación de restos de naufraxios que pode que…

  • Home

    Home, isto non trata de Ribadeo. Alomenos, non só. Home, unha verba que designa unha parte da humanidade, ou mesmo a humanidade enteira. Unha verba galega, verdade? Pode servir como moitas outras para testar a forza dunha lingua, mesmo a imposición dun idioma, … Zara Home. A primeira vez que vin as dúas verbas xuntas,…

  • De incendios e incendios

    Onte, vento forte, e conato de incendio, un máis, a carón da estrada da Veiga. A intencionalidade dase por segura. O chegar ata o fondo e buscar culpabilidades, iso xa é diferente e ten outra probabilidade. O caso, o de sempre: mentras que hai xente que tenta solucionar cousas, outra tenta que os temas comúns…