Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.511 posts
40 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Nadie se atreve a decir en voz alta lo que todos admitimos a la hora del café…


Collo a frase final da última entrada polo momento de Im-pulso para destacala e dicir que, aínda que foi escrita para o mundo dos traballadores periodísticos, está sucedendo a escala moito maior, e é sintomático que os mesmos traballadores dun sector cun traballo relacionado con dicir a verdade, dígana, en tal caso, ‘na hora do café’. (artigo completo)
Aproveito para dar a nova da morte -non anunciada salvo nun caso- de varios blog relacionados con Ribadeo que aínda figuran no lateral dereito:
Telecentro de Ribadeo. Xa non se pode acceder. Feito polas ‘dinamizadoras’, supoño que algún cambio de equipo se levou por diante un blog que daba novas relacionadas coa actividade telecentrística.
O blog de Suso, eltoupoquefuza, en defensa do galego e cunha morte digna (ver a última entrada, ou mellor, dar unha volta polo conxunto, que paga a pena).
O blog do curso de verán da Fundación Luis de Trelles. Con actividade cesante dende agosto, naceu para unha actividade concreta e con ela marchou.
No vento de Canavardá, outro blog para pegar un repaso mentras esteña visible.
É certo que algún dos reseñados non se corresponde moito co título, pero en xeral, si co esforzo de tentar dicir as cousas que creemos se deben dicir.

Fediverse reactions

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *