Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.552 posts
42 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Un folleto de hai anos. Nome de muller para rúas de Ribadeo

    Un folleto de hai anos. Nome de muller para rúas de Ribadeo

    Aló polo 2013 tivo lugar en Ribadeo a inauguración de varias rúas con nomes de muller (entrada aquí ou aquí). Daquelas datas gardei un tríptico que agora escaneei e deixo a continuación como lembranza de que un novo 8M se achega en pleno antroido.

  • Sobre as notas de prensa do Concello de Ribadeo

    Sobre as notas de prensa do Concello de Ribadeo

    Sobre as notas de prensa do Concello de Ribadeo      Hai tempo que as notas de prensa do Concello, que a finais da primeira década do sećulo foron concebidas como unha ferramenta para transmir ó pobo novas do concello e en xeral un método para pasar o que o poder quería que o pobo asimilara,…

  • Presentado “Ribadeo, rúas, prazas e espazos”

    Presentado “Ribadeo, rúas, prazas e espazos”

    Este venres, nun salón dos alcaldes do pazo do concello de Ribadeo cheo, tivo lugar a presentación do libro do cronista oficial, Eduardo Gutiérrez, Lalo, sobre ‘Ribadeo, rúas, prazas e espazos’. O acto foi sinxelo e curto. Lectura do prólogo polo alcalde, exposición de algún detalle por Lalo, e listo. Antes e despois Lalo asinou…

  • Soberanía dixital II: Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos. Foi e é

    Soberanía dixital II: Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos. Foi e é

    Onte, venres 21 de febreiro, tivo lugar a segunda sesión da serie ‘Soberanía dixital’ mantida por amarinha.gal. “Soberanía dixital II: Mundo Wikimedia, unha comunidade de todos para todos” tivo lugar na Biblioteca Pública Municipal Viejo Pancho, cunha asistencia de público que podería ser maior. Deixo en baixo o vídeo en dúas plataformas, FTV e Youtube,…

  • Detrás das institucións

    Detrás das institucións

    Angrois. Xosema, CC BY-SA 3.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=27420563 Detrás das institucións     Literalmente, os cidadáns estamos detrás das institucións. E en varios sentidos. Somos quen votamos e polo tanto, temos algo que dicir para poñer ou sacar xente, formas de facer, ou leis. Somos quen nos beneficiamos ou sufrimos as súas decisións e a aplicación das mesmas.…

  • O tren que non para

    O tren que non para

     O tren que non para     Hai pouco tiven ocasión de viaxar en AVE. Para alguén de pobo (parece que ata ten diferente sentido ó castelán ‘de pueblo’) que di ir en tren a usar de xeito esporádico o FEVE, iso de ter unha pantalla en fronte marcando que vas a 300 km/h, que corroboras…

  • EL RUIDO DE FONDO. Ángel Alda

    EL RUIDO DE FONDO Ángel Alda No somos capaces la mayoría de nosotros de detectar el malestar de una enorme cantidad de nuestros conciudadanos y vecinos más cercanos y sin embargo escuchamos con miedo y aprensión el ruido de fondo de dolor y sensación de amenaza de toda una civilización, unas civilizaciones en realidad, que…

  • Desolación e futuro. A modo de fábula moderna

    Desolación e futuro. A modo de fábula moderna     No estado español, a ‘guerra de Gaza’ ou ‘o xenocidio de Gaza’, segundo que as fontes beban de man sionista ou non, teñen pasado a un segundo plano na semana de cambio de mes. Máis de douscentos mortos, máis de mil desaparecidos, e cuantiosos danos deixan…

  • As Panchas e algo máis

    As Panchas e algo máis

        A raíz da polémica sobre a necesidade de incluír as Panchas na declaración da renda (IRPF) xurdida en anos pasados, tense tomado unha medida que supoño que será legal pero que tamén supoño que a máis dunha persoa lle collerá desprevida a conto da privacidade: a publicación das axudas por parte do concello, persoa…

  • Música! Un Chío por novembro

    Música! Un Chío por novembro

        Xa saíu do prelo o Chío de novembro. Algo que podes ver dende a súa web, https://www.chío.com/, ou directamente descargando o número 34 de Chío. Ó teu gusto!     E, como de costume, deixo en baixo a miña colaboración a este número en dous formatos:     O texto, e as fotos: Lugar, tempo, sentimento:…