-
Amadores? Ben, grazas
Onte foi a asemblea de Amadores da Música. Extraordinaria, cun único punto na orde do día, a elección da nova directiva. Curta, cunha duración duns vinte minutos dende as nove da noite en que comezou en segunda convocatoria. Numerosa, máis de 40 socios, relativamente para unha sociedade que viña tendo uns vinte socios nas asembleas,…
-
Mondoñedo, QEPD
Onte pola tarde Ribadeo tiña atractivos abondos. Un deles, a apertura de plicas para facerse co contrato da residencia de maiores, que me enterei unha hora antes de que era público (ter lido ben as bases!) e no que se puido ver que había dende algunha empresa local, poucas, ata multinacionais, pasando por UTEs, pero…
-
Pleno vacío
Entendo que o nome de ‘pleno’ procede da idea de que ‘está todo o mundo’. Evidentemente, debo estar equivocado, e referirse só a que ‘está todo o mundo que importa’, os elixidos. O resto seriamos só ‘público’, e todo o mundo sabe que o público está de capa caída, non importa. É iso o que…
-
Hoxe no xornal aparece unha nova normal: subrealismo real
Hoxe no xornal aparece unha nova normal: o concello descarta adquirir unha grúa para retirar coches dos vados. O razoamento do alcalde, impecable: non se pode ter un funcionario adicado a retirar coches nun concello como o de Ribadeo. A nova especifica ademáis que xa hai abondos anos que o taller que se encargaba de…
-
Volta ‘o tempo’, pasado o Sol por riba do ecuador
Si, está prevista hoxe de novo unha alerta. A temperie de Ribadeo incluirá hoxe nivel amarelo, vento forte, chuvia, e uns 7 ºC. É dicir, primavera astronómica con inverno meteorolóxico parello a iso que levamos catro meses coñecendo. Mais o Sol xa se ve por riba do ecuador. Medímolo o pasado día 20 (equinoccio de…
-
Adolfo Suárez, 22 M
Si, xa sei, Suárez morreu o 23, non o 22M. E son cousas diferentes en momentos diferentes. Mais, como di Mario Penelo, este fin de semana podería ser, por varios motivos, considerado o fin do proceso chamado Transición. Poderémolo ver nos libros de historia dentro de dez anos. Voltarei sobre o 22M, pero de pronto,…
-
Vidrieiras pouco transparentes
As vidrieiras soen usarse para deixar un espazo diáfano decorado. Para elo, necesitan transparencia ó tempo que cor. En Ribadeo vai xa para catro anos que se detectou pola AVV O Tesón o caso dunhas vidrieiras, as da capela do cemiterio, que sendo patrimonio ribadense a cargo do concello (que non propiedade del) se tiraron…
-
O IES de Ribadeo xa ten nome novo
Con tardanza me entero de que o IES de Ribadeo, creado a comezos do curso pasado, xa ten oficialmente o novo nome: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo. Adxunto deixo a copia da resolución e a ligazón ao DOG do 7 de febreiro de 2014 onde sae publicada (e en Publicado en Ribadeo):…
-
Dignidade e difusión
Non é a primeira volta que sinalo que temos demasiada información. Que, de feito, nós mesmos a restrinximos para poder nadar sobre ela. Pero unha cousa é que a restrinxamos nós, cos nosos criterios, e outra cousa é a censura externa da información que nos pode chegar (por suposto, a máis das informacións dirixidas, interesadas…
-
dende Ribadeo, máis aló do Facebook
Segundo Facebook, Ribadeo xa está en Galicia (aínda que, se te pos a trastabillear, habería que matizalo). Érache boa! Como se porque o dixera o Facebook, Ribadeo deixara de estalo. Mais esa situación campou anos, cos perxuízos correspondentes, con difícil solución. Tan difícil solución que O Tesón non conseguiu o cambio, e o alcalde, por…
