Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Asinada por tódolos grupos políticos do concello e o portavoz das asociacións veciñais: Ribadeo segue unido para conseguir a residencia

    Corto e pego a nota de prensa do concello: ESTÁ ASINADA POR TODOS OS GRUPOS POLÍTICOS NO CONCELLO Nova carta a Beatriz Mato 02/05/2014 A comisión pro residencia de maiores en Ribadeo acaba de enviarlle unha carta á conselleira de Traballo e Benestar na que lle lembra que o Concello agarda desde decembro para formalizar…

  • Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo

    1.Hoxe hai un debate entre políticos. Na Casa das Letras, ás 20:30 Participarán: * Jesús López Penabad, é enxeñeiro técnico forestal. Actualmente é presidente do PP de Ribadeo e coordinador sectorial de turismo na executiva provincial do PP de Lugo. * José Ramón Val (PSOE), licenciado en Ciencias Políticas pola USC, foi delegado provincial de…

  • O coidado de Ribadeo

    O coidado dun pobo maniféstase a varios niveis. Quizáis un primeiro nivel, por ser unha cousa do día a día, son os pequenos detalles, que só requiren un pouco de cabeciña para seren corrixidos. Despois virían aqueles outros que están integrados xa nos xeitos de facer, nas costumes, e que necesitan o manter a vontade…

  • 25 de abril, toca revolución. Miro Casabella

    A ‘revolución dos caraveis‘ en Portugal hai 40 anos marcou un día distinto tamén para España, sumida naquela época no final do franquismo. Hoxe vese como unha revolución incruenta, case como unha excepción dentro do cambio político instantáneo, e tamén se pode observar en perspectiva a traxectoria portuguesa posterior e concluír cales foron os cambios…

  • E máis auga

        O día do libro, con actos ó seu arredor, tamén en Ribadeo, a adxudicación das obras da residencia á UTE Anllar, a aprobación inicial do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Conxunto Histórico de Ribadeo (o curioso acrónimo PEPRICH) e as bolsas de chan edificable en Ribadeo ou o coleteo da marabunta…

  • Publicado en Ribadeo: Pegadas da prehistoria de Ribadeo

    Polo momento, só en formato open document, a obra de Emilio Piñeiroa Lozano presentada no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo e posteriormente na Casa das Letras: http://publicadoenribadeo.wikispaces.com/Pegadas+da+prehistoria+en+Ribadeo Nota posterior: Por necesidade, estase a cambiar o lugar de ‘publicado en Ribadeo’. Irase poñendo nota do material e o novo lugar de publicación en http://ribadeando.blogspot.com.es/search/label/publicado%20en%20Ribadeo

  • Ribadeo hoxe

    Adxunto un vídeo con parte da bendición dos ramos na praza de abaixo para que quen queira se poda facer unha idea do ateigado que está Ribadeo hoxe, xa comezados os actos da Semana Santa. Sobre se a base é a espiritualidade, iso xa é outra cousa.

  • Reposición de vidrieiras. Aviso

    Unha nota curta para avisar: onte varias persoas, entre as que me atopo, quixeron ir facer a visita anunciada. Intento vano. É dicir, supoño que ata a próxima semana non se poderá.

  • Reposición de vidrieiras. Nota de prensa do concello

    Reproduzo embaixo a nota de prensa do Concello sobre as xornadas de portas abertas para contemplar as vidrieiras do cemiterio, algo en liña co pedido reiteradamente pola AVV O Tesón e neste blog. Como comentario, destacar que non é o mesmo que aparenten igual que que teñan a mesma calidade, algo que é dubidoso que…

  • O bocata demográfico

    Ribadeo non é unha excepción dentro de Galicia: todos sabemos que temos un ‘problema demográfico’ que ata fai que pidamos axuda á UE. A cousa é que se temos unha situación de 1,05 fillos por muller, iso quere dicir que, fluxos migratorios aparte, nuns 20-25 anos, unha xeración, a cantidade de xente con isa idade…