Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • 27 de setembro, día da Constitución

    Lanzo unha proposta, que o día da Constitución pase a ser o 27 de setembro. O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constitución, pola súa publicación no BOE. A última, na que o povo, nós, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o artigo 135. O ‘novo’, xunto…

  • Mandela morreu. Viva Mandela!

    Días despois da morte de Mandela, despois de que todo o mundo se apunte á súa unión espiritual, coido que cabe lembrar que Mandela era humán. A súa humanidade implica que outros humanos poideran seguir os seus pasos, algo que negaría se fora sobrehumán, e que sería moi negativo para a propia humanidade: reduciría a…

  • Unha ponte á nada

    Lembran vostedes  a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación…

  • Residencia de maiores, obxectivo conseguido!

    O resume sería o título: Onte ás catro da tarde foi a nova, que xa está hoxe nos medios (por exemplo, aquí e aquí)e onte pola tarde saltou ás redes sociais a partires da publicación da nota de prensa na páxina web do concello. A partires de aí, o comentario. Vai para dous anos que…

  • Un nome para o IES de Ribadeo

    Pouco a pouco van trascendendo nomes propostos para o case recén creado IES de Ribadeo. Abriuse o proceso hai un par de semanas, e ata o 30 estará aberta a posibilidade de facer propostas, que votará o Consello Escolar para logo propoñerllo á Xunta, que será quen llo poña efectivamente (e que podería dar a…

  • Expoñer, expoñendo, expóñense, …

    Unha semana. Iso é o que dista o artigo anterior. O tema, non tanto: en parte é o mesmo, as vidrieiras da capela do cemiterio. O caso é que da entrada anterior a ista apareceu a nova nos xornais: as vidrieiras da capela do cemiterio estarían próximas a ser dispostas de novo no seu lugar,…

  • Ciclo de cine – Festival Habitarte

    Cando vin os carteis o primeiro que pensei: mágoa, non vou poder asistir! V FESTIVAL HABITARTE de CINE SOStible “CREANDO RESISTENCIAS” Teatro de Ribadeo –  22 e 23  de Novembro do 2013 Organizan LA CASA AZUL – O FORMIGUEIRO – AMARANTE Colabora CONCELLO DE RIBADEO La Casa Azul, O Formigueiro e Amarante son organizacións sen…

  • Sobre o movemento sen terra no Brasil

    Hai un par de semanas, deixei constancia no blog dun encontro mantido en Ribadeo cunha representante do Movemento de traballadores sen terra do Brasil. Agora remato de recibir un pequeno informe de Amarante-Setem sobre a visita de Kelli, que así se chamaba, a Galiza. Informe que paso tal como o recibo: INFORME SOBRE A VISITA…

  • O banqueiro anarquista

    Fernando Pessoa non era un calquera. Sabía o que escribía. E entre outras cousas, ten unha obriña que recomendo, máis aínda, nestes días: O banqueiro anarquista. Tranqui, é curta. Tranqui, non é pesada. Despois dos avisos, unha pequena pregunta: hai alguén que faga máis por chegar á anarquía nestes tempos que vivimos que xente como…

  • Desprestixio

    Hai desprestixios inmediatos e hai outros ganados a pulso, durante tempo. Pertencen a categorías diferentes. Os ganados a pulso son a suma de accións que van aumentando o desprestixio, algo así como un desprestixio composto. Algo que se consolida no tempo e sobre o que logo é moi difícil que cambien as ideas, porque se…