-
Ribadeo e o paro
Esta semana que vai rematar foi a que se deu a coñecer o informe da Consellería sobre o paro en Galicia. Como resultado, os xornais fixéronse eco da nota da consellería e dixeron algunha cousa sobre o paro na zona, en xeral centrados no cambio de mes en cada concello, pois iso é o que…
-
O goberno non te avisa: non terás trato de favor no prezo da enerxía
Parafraseo no título o título dunha nova de onte mesmo sobre que Alcoa foi avisda de que non terá trato de favor no prezo da enerxía elećtria, o xa ten producido, á súa vez, un comezo para un despido colectivo. Por partes: a ponte dos Santos está sen iluminar dende hai xa abondos meses por…
-
Estradas e Camiños. Artigo de José Salvatierra Rico
Despois de telo lido na Comarca, pedino para publicar, e aquí está: O concello de Ribadeo anuncia , fai aproximadamente un mes , a través do Alcalde , o arranxo dunha serie de camiños nas parroquias, a executar en dúas fases. Na primeira, por un importe de 134 000 euros, para gastar antes de que…
-
Tres puntos negros
Cargo dende Google maps unha imaxe do centro de Ribadeo e engádolle tres puntos, negros en función da súa situación actual. O de máis embaixo, no comezo da r/Deputación (por certo, pódese ver que Google maps segue tendo algún problema en Ribadeo, aínda que menor importancia que o de ‘ría de Ribambo’) deu lugar onte…
-
O caso de Ribadeo, dende Pontevedra
Mantiven onte que Ribadeo necesita un chequeo. Non é algo extraordinario nin en razóns dun mal estado, senón unha actuación de funcionamento normal precisamente para evitar ter que tomar nun momento dado medidas extraordinarias en razón dun mal estado. Nomeaba tamén o premio recibido por Pontevedra, o ‘Premio Internacional de Dubái‘,entregado polo concello de Dubai…
-
Chequeando Ribadeo
O de chequear soa a médicos, e pode ir diso, máis pode tomarse nun senso amplo, para ver como vai algo. Pensando en que ás veces é conveniente recoñecernos antes de propor estratexias e aplicalas para avanzar. Digo ás veces non porque non sexa conveniente sempre, senón porque moitas non se fai e preténdese que…
-
O que nos vai sacar da crise
Días atrás, o xefe-dono de Abanca, Escotet, dicía que xa estabamos a saír da crise, e que o sistema financieiro estaba sendo o motor desa saída. Coido que a idea non é precisamente esa (hoxe hai na antiga ‘cociña’ da Casa do mar un acto arredor dun documental sobre a creación dos cartos) nin sobre…
-
O convento de Santa Clara en Ribadeo
O convento de Santa Clara ten abondo que ver. E agora pode verse a distancia, a traverso dunha aplicación de turgalicia: http://www.turgalicia.es/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSANP/vr_14_santaclara/index.html . Son só tres estancias as así visitables, en visita encadrada na promoción dos mosteiros galegos. Xa postos, despois de recibir a ligazón para a visita virtual de Santa Clara, pasei algo máis…
-
Entrevista a Manuel Valín Valdés
Vin a entrevista, pareceume interesante ó vela este fin de semana na Comarca e pedinlla para reproducir aquí (grazas!): ENTREVISTA A MANUEL VALIN VALDES (Reprodúcese aquí integramente a entrevista que o diario EL PROGRESO, na súa edición de A Mariña, me fixo e da que xurdiu a publicada o domingo 9 de novembro de 2014)…
-
Unha ollada non só ó Vilar
15 de novembro de 2014. Tarde de choiva. Oito e media. No cine teatro represéntase a segunda sesión do certame de teatro Daniel Cortezón. Cousa de media centea de persoas atenden ó desenvolvemento dunha versión de O barco sen Mariñeiro, de Alejandro Casona. A min gústame. A mesma tarde, máis ou menos no mesmo momento,…
