Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.589 entradas
48 seguidoras

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Unha visita “inesperada”

    Hoxe visitei Mondoñedo. Un paseiño de vagar polas súas rúas cargadas de historia sempre ven ben. Resulta que tiña tempo e vinme forzado a usar a vella N634. O motivo? O Fiouco, claro, estaba pechado ó tráfico. Gústanme os paseos por Mondoñedo, e desta, non me importou, mesmo agradecín a desviación. Outras veces é ben…

  • Axenda cultural 3º trimestre de 2015 en Ribadeo

    Deixo o aviso da nova axenda cultural, e poño a súa evocativa portada como ilustración:

  • As vidreiras da capela do cemiterio, publicadas de novo

    Sigo coa recuperación de documentos que xa estaban publicados en ‘publicado en Ribadeo’. O libriño sobre as vidreiras da capela do cemiterio xa está en issuu para ver e descargar. http://issuu.com/agremon/docs/as_vidrieiras_da_capela_do_cemiteri

  • Bandera católica e a ribadense Torre dos Moreno

    A un ano da celebración do centenario da Torre, unha lectura para un domingo: a portada de ‘Bandera Católica’ onde sae a primeira referencia á Torre dos Moreno. Estaba cargada en ‘Publicado en Ribadeo’ antes de verme obrigado a deixar o sitio; agora está no repositorio de Issuu, dun xeito tamén accesible para a descarga:…

  • “rige un Estado de Derecho que es …piiiii “

    Collo como título unha parte (polo tanto, sácoa de contexto) que me chamou a atención dunha frase do último post de im-pulso, sobre o xeito de comunicar as novas ós medios e a consideración destes, para repetir doutro xeito algo que leva aparecido no blog repetidas veces: a comunicación unilateral nunha sociedade na que a…

  • Adeus a un establecemento: Mesón Compostela

    Levo tempo pasando a diario, ida e volta, por diante. Falando con xente á súa porta. Mirando a un edificio que me gusta. Por iso o notei: pechado. Pechado non por atraso na apertura, ou por vacacións. Non. Está colgado o cartel de ‘alúgase’. Máis a traverso do seu ventanal non se olla nada. Queda…

  • O paso dun santo por Mondoñedo, por José Mª Rodríguez Díaz

    Dez menos cuarto da mañá. Na catedral empeza a soar con monótona cadencia o esquilón chamando ós coengos a coro. As súas negras siluetas xorden unha tras outra polas estreitas rúas da vella Cidade atravesando logo a praza cara á entrada da catedral. Nos soportais do Cantón Grande aparece camiñando a figura fráxil de don…

  • Revoltillo en España. A craridade grega.

    Xa viu o partido e o ben común xa quedou esquecido. O xogo, o resultado e demais eclipsaron a fin de semana anterior e aló vai boa parte do tratado sobre a renovación democrática ou sobre a corrupción, a destitución do delegado gubernativo en Valencia por idem, a destrucción de documentos en concellos… Mesmo a…

  • ‘Un faro de todos y para todos’

        Recollo hoxe de La Comarca, por unha petición xeral que se fixo ó grupo ‘Por nuestro faro’, un artigo que sae hoxe mesmo. A próxima fin de semana haberá unha xuntanza… e a ver que sae.     Só lembrar que premendo sobre a imaxe, pode ampliarse…  e que o texto tamén está despois no…

  • Pasou unha semana

    Pasou unha semana (días laborables) dende as eleccións. Coido lembrar que todos os grupos políticos de Ribadeo levaban dun ou outro xeito unha mellora na limpeza. Pero tardan en poñerse mans á obra…  En toda a semana levo visto os mesmos carteis, cada vez máis roídos e algúns medio arrincados. Só o que agora se…