Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.422 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: sociedade

  • Segundo o previsto, UPRi disólvese…

    Era algo que xa saíra no blog,en diversas ocasións, a modo de opinión, como aquí ou aquí.A que foi terceira forza máis votada nas eleccións municipais 2011, tras pasar a travesía cun só representante  e un cambio de concelleiro no mandato, tira a toalla. Tira a toalla? O seu blog está desaparecido, aloxado nun lugar…

  • O xogo do despiste

    Estas dúas imaxes son iguais, diriamos: representan o mesmo. E en ningunha das dúas se ve con claridade o fondo. Hai pouco tempo saiu un artigo de Campo Braña sobre a non celebración da feira do libro en Ribadeo neste ano. Resulta que si se vai celebrar, aínda que non no circuíto de feiras publicitado.…

  • Eu coordino, ti coordinas…

    Non sei cando veu Amancio Prada cun concerto a Ribadeo por última vez, pero sei que ten entidade abondo como para que o auditorio Hernán Naval poda encherse. Tampouco me cabe dúbida de que a queima do antroido en Ribadeo é un acto multitudinario, aínda que sexa de perioricidade anual. Pois collo, miro no correo…

  • Lembrando dous libriños (e II). Artigo de Evaristo Lombardero

    Primeira parte: Lembrando dous libriños (I) LEMBRANDO DOUS LIBRIÑOS (e II) Hai dúas semanas este medio publicou a primeira entrega sobre os libros “A Ria de Ribadeo Natureza entre dúas augas” e “La Ria del Eo Naturaleza entre dos aguas”. A edición foi promovida polo CEDER OSCOS EO e mais a Asociación Puente de los…

  • En Ribadeo polo antroido, sen antroido: Asilo, obras e funcionamento

    Non se trata do asilo político, que daría tema para o antroido, senón do hospital asilo de Ribadeo. Recollo un comentario na rede de Javier Chao: Pareceme moi ben que se fagan todas estas melloras, pero como ben dice o alcalde son feitas a conta de TERCEIROS, dunha herencia niste caso. A quen llo temos…

  • En Ribadeo polo antroido, sen antroido (1)

    Nestas datas cambiantes polo calendario eclesiástico celébrase a festa pagá cristianizada, e as novas son para o desenvolvemento do antroido ou entroido. O caso é que, sendo previsible, o antroido xa non é tal, senón festa, unha máis. Tomemos por iso como antroido do antroido o normal, o que pode ser raro neste tempo por…

  • Asimetría. Diferenza

    Os seres humanos somos en xeral simétricos, a esquerda e dereita, con pequenos defectos que fan esa simetría irregular. Cando a falta de simetría é evidente atopamos un caso raro, que tratamos de xeito diferente. Casos como os de alguén a quen lle falta un brazo, ou que tren unha chepa cara algunha das beiras.…

  • Tempo de antroido, tempo de desconto en Ribadeo

    A modo de introdución ó antroido. O antroido non comezou aínda, pero xa está na mentalidade informativa e tamén entrou na cabeza da xente  de xeito que aparenta unha excrecencia que tende a ocupar espazo e desocupar pois outras cuestións que o ocupaban. Todo en consoancia con que de feito amplíase de xeito elástico o…

  • De aquí bebemos / bebíamos

    Como xa ten saído no blogue algunhas veces, o encoro de Vilamariz no rego de Lexoso foi o segundo lugar de onde se comezou a traer auga a Ribadeo, despois de facelo das Fontes do Lobo, na beira de Santa Cruz. A foto é da caída de auga do encoro de Lexoso, o día 8.…

  • Programación lúdica e cultural: antroido, Suso Peña e Amancio Prada

    Esta semana, o correo de Cultura Ribadeo ven cheo. Este sábado 20150214, Amancio Prada no Hernán Naval, ás oito e media da Tarde. O Antroido 2015, facendo das súas… dúas semanas, segundo parece! E tamén, a exposición en memoria de Suso Peña en Turismo Ribadeo Algunha cousa sobre Suso Peña no blogue: Pro homenaxe a…