-
Do traballo ao triunfalismo
Onte, luns tres de agosto, o concello despachou tres novas de prensa. Unha, co anuncio de simulacros nas praias, outra anunciando a apertura de prazo para un taller de harmonización corporal, e a terceira, de “Ribadeo, a tope“. Coido que os títulos, copiados da web do concello, xa son abondo ilustrativos da liña que seguen…
-
Crónica do Ribadeo indianizado
Antes de gustar dun arroz á cubana tento deixar unhas breves liñas a modo de crónica de época sobre o Ribadeo indianizado. Ribadeo indiano, concebido como festa de época, exitosa como calquera pode ver (e para ver, achegarse a Ribadeo, que o espírito aínda non é trasladable de xeito electrónico, do mesmo xeito que non…
-
Coñece Ribadeo
Hai programadas actividades de coñecemento de Ribadeo. Están orientadas ó turismo, pero, por que non aproveitalas a mesma xente de Ribadeo? Unhas destas actividades foron presentadas onte, as xeorutas, unha, para coñecer a xeoloxía da zona das Catedrais, e outra, relacionada coa actividade na zona de Rinlo. As xeorutas comezarán a desenvolverse o 15 de…
-
Os turistas poden, os de Ribadeo, non
A xente de a pé non protesta en Ribadeo. Sábeno por aí nas ‘estruturas de poder’, e por iso non pasa nada. A raíz dunha nota de prensa de ACISA, que xa saíu reflectida por exemplo na Comarca do pasado fin de semana (4 de xullo) e que ven confirmada por exemplo nunha nota de…
-
Unha visita “inesperada”
Hoxe visitei Mondoñedo. Un paseiño de vagar polas súas rúas cargadas de historia sempre ven ben. Resulta que tiña tempo e vinme forzado a usar a vella N634. O motivo? O Fiouco, claro, estaba pechado ó tráfico. Gústanme os paseos por Mondoñedo, e desta, non me importou, mesmo agradecín a desviación. Outras veces é ben…
-
Axenda cultural 3º trimestre de 2015 en Ribadeo
Deixo o aviso da nova axenda cultural, e poño a súa evocativa portada como ilustración:
-
As vidreiras da capela do cemiterio, publicadas de novo
Sigo coa recuperación de documentos que xa estaban publicados en ‘publicado en Ribadeo’. O libriño sobre as vidreiras da capela do cemiterio xa está en issuu para ver e descargar. http://issuu.com/agremon/docs/as_vidrieiras_da_capela_do_cemiteri
-
Bandera católica e a ribadense Torre dos Moreno
A un ano da celebración do centenario da Torre, unha lectura para un domingo: a portada de ‘Bandera Católica’ onde sae a primeira referencia á Torre dos Moreno. Estaba cargada en ‘Publicado en Ribadeo’ antes de verme obrigado a deixar o sitio; agora está no repositorio de Issuu, dun xeito tamén accesible para a descarga:…
-
“rige un Estado de Derecho que es …piiiii “
Collo como título unha parte (polo tanto, sácoa de contexto) que me chamou a atención dunha frase do último post de im-pulso, sobre o xeito de comunicar as novas ós medios e a consideración destes, para repetir doutro xeito algo que leva aparecido no blog repetidas veces: a comunicación unilateral nunha sociedade na que a…
-
Adeus a un establecemento: Mesón Compostela
Levo tempo pasando a diario, ida e volta, por diante. Falando con xente á súa porta. Mirando a un edificio que me gusta. Por iso o notei: pechado. Pechado non por atraso na apertura, ou por vacacións. Non. Está colgado o cartel de ‘alúgase’. Máis a traverso do seu ventanal non se olla nada. Queda…
