-
#cortesdeluzRibadeo
Xa hai tempo comezara a facelo: tentar dar nota dos cortes de luz producidos en Ribadeo. Puxen en marcha o haghstag #cortesdeluzRibadeo en twitter e en facebook para que todo o mundo poidera usalo e dar conta dos fallos de luz, cara a posterior protesta e reclamación. Se se procura por el en facebook (https://www.facebook.com/hashtag/cortesdeluzribadeo)…
-
Voltemos á realidade
As capas de realidade superpóñense segundo categorías. Así, podemos falar dun plano local de realidade, co que ocorre na nosa vila e arredores, que aínda que esteña relacionado con outros planos, ten que ver co poder, a política, a economía, a sociedade, a nivel local. Outro plano sería máis lonxe, a nivel estatal. Tamén relacionado…
-
Catastreando por Ribadeo e España enteira
Dende hai un tempo comezou o tema: 60 € pedidos de pronto, sen ter nin a quen reclamar. Pouco a pouco foi sabéndose a cuestión: non era un imposto reclamado por non telo feito con anterioridade, nin un novo imposto, senón algo imposto para poder variar o imposto asociado ó valor catastral dos inmobles. Está…
-
Antonte houbo unha manifestación. Sen imaxe
Antonte houbo unha manifestación. En Ribadeo como noutros moitos lugares. A favor da igualdade. Pola dignidade. Rexeitando a violencia de sexo. Moitas fotos inundaron as redes. Eu non tiña ningunha. Non fun. Cousa de traballo. Pola tarde, vin o concello cos sus balcóns tapados, adoranda a fachada cunha pancarta morada. Non se vía ben o…
-
Ribadeo e racionalización do transporte
Supoñamos que queres facer unha viaxe a Vilalba e non tes coche. Hai anos, sen autovía, tiñas 3-4 servicios diarios, coa empresa Ribadeo ou sucesoras. Vexamos agora na Arriva que servizos hai mañá martes: Ah! que non hai… Si podes volver, por Foz, o que alonga a viaxe ata máis de hora e media, como…
-
Atentados
Copio a definición do dicionario da Real Academia Galega: ” atentado substantivo masculino 1 Ataque grave ou acto de violencia contra a autoridade, un país ou a integridade física dunha persoa: Os frecuentes atentados políticos debilitaban o equilibrio do actual sistema de goberno. Foi vítima dun atentado do que saíu ileso. 2 (figurado) Acción…
-
Mañá xoves, pleno
Por fin, un pleno anunciado na web do concello con máis de 48 horas de antelación. Colgado o anuncio ás 11 da mañá de onte, martes, coido que bate a marcade antelación de aviso de plenos na web do concello. Noraboa! Non deixa de ser novidade tampouco a hora: ás oito e media da noite…
-
Ribadeo na Galipedia
Tiña ganas de facer un artigo así: reseña de algunhas cousas que se poden atopar na Galipedia en relación con Ribadeo. A Galipedia, como todas as wikipedias, está en permanente construción, polo que mañá a información pode ser abonda máis que a que poda referir hoxe aquí, polo que esta entrada só pode ser unha…
-
A relatividade do tempo en Ribadeo
Hai tres semanas, publicaba o artigo Fotos de Ribadeo. Serie ‘os desastres da guerra’, no que incluía entre outras estas fotos de Ramón González e do aparcadoiro de Rosalía de Castro: As fotos fóronme subministradas por unha persoa que se queixou á autoridade competente máis dunha semana antes, sen resultado. Unha semana despois do artigo,…
-
Preparándonos para as eleccións. Algo de historia electoral
Despois dunha serie de artigos de matriz local (residencia, ría, illa Pancha…) non está de máis lembrar que as eleccións supoñen unha posibilidade de cambio dentro dun abano limitado intra-institucional. É para comezar unha pequena mentalización polo quie subo esta entrada co que é parte da historia electoral da nosa circunscrición de cara ó Congreso.…
