-
Unha nova do concello de Ribadeo por cada día de diario
A falta dun día para que remate o ano, xa non poden variar moto algunha estatísticas. Unha delas, a de notas de prensa do concello de Ribadeo. A estas alturas do ciclo anual, van 313 notas dende o un de xaneiro. Case unha nota diaria, quitados só os domingos. A táboa onde se van poñendo…
-
Lembranza
— No 2015
-
Agasallo de Nadal: cesión da Casa do Mar
Días pasados o concello de Ribadeo emitiu unha nota na que daba conta dun convenio coa Tesourería Xeral da Seguridade Social pola que pasará a usar unha parte maior da Casa do Mar, antiga cárcere que na actualidade dá acubillo á Escola Municipal de Música (planta baixa e planta alta, incluída a antiga cociña), Asoc.…
-
No merecen que les felicitemos la Navidad. Pablo Mosquera Mata
Coido que o que reproduzo a continuación vai na liña do que pensa moita xente. Aínda que ‘a esperanza é o último que se perde’, parece que vai na liña da desesperanza, cando o que fai é expresar algo que se pode constatar. Pero, son tantas cousas… No merecen los del PP que les vuelvan…
-
Dos cantos de Nadal
Un día despois do pleno municipal dos orzamentos, falar de cantos de Nadal pode ser mal interpretado. Neste caso son sinxelamente iso: cantos de Nadal. A cuarta edición dunha actividade natalicia que ano tras ano vai a máis, encadrada dentro das actividades da Asociación belenista. O blog da Asociación belenista, dende 2010.
-
Bebe+, muller
Din que case a metade da xente de 15 anos en Ribadeo bebe alcohol. Unha enquisa actual, segundo parece. Problemas co botellón… Mira a enquisa de hai xa preto de catro lustros: a terceira parte da xente nova emborrachábase ‘de cando en vez’, mais outra décima parte facíao a cotío. Media de idade da enquisa:…
-
Martes 20, pleno: 870 €/ribadense
Por fin. Un pleno avisado con cinco días de antelación. Coido que é o máis importante dun pleno que é de por si importante, pois del van depender o orzamento, e polo tanto, o gasto, do próximo ano. Porque permitirá a quen queira asistir, se non participar, ao menos chegar ó primeiro nivel desa participación,…
-
Un paseo lembrando o ferrocarril mineiro
Mentras se van desenvolvendo outros actos de #AChocolateira, o domingo foi a andanza pola vía verde do ferrocarril mineiro, o tramo recuperado para o desfrute entre Santiso de Abres e A Pontenova. É unha ruta que teño feito moitas veces, a pé e en bicicleta, mais esta vez tivo aspectos diferenciais. Comezando a ruta, por…
-
Comezou o chu-chu da chocolateira
Nun acto de asistencia multitudinaria para o local onde se atopa a exposición da chocolateira, a antiga oficina de turismo do parque, comezou a apertura dunha mostra que a bo seguro levará a moitos visitantes á mesma. Deixo algunhas imaxes de aspectos da exposición e as verbas de Ángel Prieto Souto, que acompañaron a inauguración…
-
Ribadeo activo: Comeza a maratón da semana ponte Inmaculada Constitución
Comeza a maratón da semana ponte Inmaculada Constitución. Festival de Jazz/Blues en marcha. Como tódolos primeiros sábados de mes, marcha da A.C. Paco Lanza, esta vez pola outra beira da ría. Comezo onte do mercadillo contra o cancro, un ano máis. Xa en posición de saída o totalmente consolidado mercado de Nadal no parque para…
