Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.314 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Temos que voltar a aprender que podemos cambiar as cousas

    O título corresponde a unha cita de Ingo Schulze en ‘Le Monde Diplomatique en español‘, p. 11 do número de novembro de 2009, tomada do mesmo artigo no que se pode ler “Se os dirixentes se tornan máis tontos que os dirixidos, dirixímonos á catástrofe”, citando a Elmar Faber e Gramsci. “A crise alimentaria podería…

  • Comentario a unha nova

    A conto da nova http://www.lavozdegalicia.es/amarina/2009/12/20/0003_8183701.htm: “Los hosteleros de varios municipios pueden cerrar más tarde en Navidad” – ‘Sensibles diferencias en las autorizaciones de los gobiernos locales de Burela, Foz, Ribadeo y Viveiro’, … Non serei eu o que proteste por un aumento de horario dous días sinalados, porque o tema do horario non trata de…

  • O manexo orzamentario dos veciños

    Retorno ás novas do día 9 de decembro, e atópome que tiña sinalada e sen cubrir unha con título “Inversións por decreto veciñal“. Así solto, o título non di moito, pois parece un novo rifirafe entre veciños e concello para forzar unha determinada inversión. Na realidade trátase dunha experiencia ferrolá de orzamento participativo, na que…

  • Transparencia

    De novo, imprecacións, medios a través, para saír na foto. “Onte foi noticia”… e todo vale, ás veces para saír e figurar, ás veces para logar que non saquen a un nos papeis por temas que non quere. Din que Suecia foi a pioneira en ter unha lei de acceso / dereito á información pública…

  • Amar en tempos revoltos

    Coido que o título dunha obra coñecida pode servir para moitas cousas. Para ser aplicado en Ribadeo, tamén. E é que os tempos están revoltos, pero non queda máis que aplicar un mínimo de amor por tódalas bandas para ir tirando, e ata mellorando aínda que ó comezo non o pareza. O alcalde pide ós…

  • Anormalidade

    É certo que os xornais non soen dar novas que son comúns, é dicir, de tódolos días, porque non se consideran novas. Esta verdade de perogrullo está condicionando en parte, en boa parte, a percepción da realidade que transmiten por propia necesidade: o que é normal non é noticia, logo o que se transmite é…

  • Novo xeito de facer as cousas

    http://twitter.com/jdelacueva/status/6366319604: E por que unha comisión ciudadana non pode meter no cárcere a un político corrupto e logo que decida un xuíz? Vin esto na rede e inmediatamente o relacionei co xeito de facer política a tódolos niveis neste conxunto de países nos que vivimos. As implicacións son para todos os sitios, e a frase,…

  • Mirando preto

    Foz está preto, a 25 km de Ribadeo. E onte sucedeu algo que ninguén esperaba: o cese nos cargos municipais dunha mersoa, Cancio, que levaba 14 anos traballando en política. Traballando quere dicir alomenos que era dos que se vía sempre dun xeito ou outro en cousas do concello, ou cargos visibles a nivel superior,…

  • A nazón galega

    Hai tempo que tiña a idea sen definir. Por iso sorprendeume gratamente atopar a entrada de im-puso “Natio y nación, ignorancias y cegueras‘, que define exactamente o que tiña en mente.

  • Aleluia?

    Remato de ver na web do concello unha nova, “REÚNESE NUNHA SESIÓN EXTRAORDINARIA O VENRES da Xunta de portavoces“, o que indicaría un contido común máis na web. Contido común e desexado, que indicaría un novo recorrido da web municipal cara á inclusión das convocatorias dos plenos, por exemplo, permitindo unha reacción anterior e participación…