Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.419 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • 75 minutos para algo xa decidido

    Cinco cuartos de hora foron empregados nos prolegómenos, de algo que xa estaba decidido. Comezou a cousa con 16 persoas nas filas do público e unha longa, moi longa, lectura da acta da comisión informativa por parte do Secretario (o que, facendo dous incisos, me lembra a diferencia de tratamento de temas segundo intereses diversos…

  • Hoxe hai pleno, e Aquagest será a elixida

    Hoxe hai pleno extraordinario, para conceder a Aquagest a obra da travesía. E a moción de censura? Atopei unha peza gustosa en relación ás mocións de censura e de confianza a nivel estatal, ‘Las tres en raya‘. A cousa está no sexto parágrafo, e aínda que o parecido entre a política estatal e local de…

  • Alternativa política

    Temos en Foz un elemento que considero novidoso de posibilidade de alternativa política e que poidera ser adaitado por outros lugares. Trátase da ‘alternativa Cancio’, destituído polo alcalde hai xa abondos meses e que non é que esteña presentando batalla, senón que está construíndo o seu propio futuro a base de traballo de diverso tipo.…

  • O prometido é débeda

    … pero ás veces, para cobrar as débedas, hai que facer algo máis que lembralas. Está pasando coa segunda gardería de Ribadeo. Prometida, pero agora, aínda sen esquecer, adiada. Non se sabe se tamén co hospital da costa: neste caso, marcha adiante e atrás se suceden, e seguen as verbas mentras os actos da consellería…

  • Noxo

    Día a día váise facendo camiño, faise camiño ó andar, como dicía Machado. E día a día, con ilusión, vamos cara ó futuro. Menos mal que o ser humano (tamén) é así. Aquí fálase e quéixase un moito da política ou a sociedade local, pero non extraña, a tenor do que ten ocorrido e ocorre…

  • Palabras, ocas?

    Hoxe é día de mercado en Ribadeo. Na praza cómpranse e véndense mercadorías varias. Na prensa, comentarios dos políticos. Nada novo, pero facendo ruído, neste caso, a conta da posible moción de censura. Como di un xornal, “de momento o que hai na política ribadense é moito ruído.” E é que parece que a política…

  • Ribadeo, Ribadeo

    Coido que sería máis descritivo para a entrada un título como ‘o que se comenta do futuro no concello’, ‘o mentideiro verdadeiro’ ou algo polo estilo, pero como eses comentarios atinxen a Ribadeo e pouco se nomea ó propio Ribadeo neles, queda así. Como están as cousas? Despois da cuestión de confianza, queda a presentación…

  • Comidilla

    Despois do pleno de onte, a principal conversa de Ribadeo nun tempo será a moción de censura. cun condicionante a parte dos xa falados no blog. A oposición da estrutura provincial do PSOE a un apoio dun candidato do PP, despois de deixar claro este outro partido que de haber candidato, debía ser da segunda…

  • Cara a un futuro descoñecido en Ribadeo

        A falta de poder asistir esta mañá ó pleno, despois de enterarme da negativa na moción de confianza, ligo á entrada no blog de J.M. Rodriguez sobre o tema, á nota do concello ou á correspondente da COPE.

  • Orzamento, non, presuposto, tampouco (II)

    Despois da primeira entrada sobre o pleno de martes, seguen sucedéndose as novas sobre o sucedido. Ás xa apuntadas como comentario daquela (1 e 2), hai que engadir tanto as notas de prensa do concello (1 e 2) como os diversos comentarios dos edis na radio (1, 2, 3, 4, 5, 6), a visión da…