-
Vantaxes dalgún deporte
De cando en vez vexo ó alcalde de Ribadeo coa súa bicicleta facendo deporte. O seu comezo, xeralmente, Ribadeo. O seu final, tamén. E máis dunha vez me teño imaxinado cousas do concello, das parroquias, que pode ver a lombos da súa bici con calma, pasando unha e outra vez e vendo a súa evolución…
-
Bailes políticos
Ribadeo comeza a ferver ante as próximas eleccións locais. Se onte aínda era nova a tentación do PP pola cabeza de UPRi, (desmentido na prensa de hoxe dun xeito que parece que se tivera saltado por riba da estrutura local do PP), hoxe ten saltado un cambio doutro tipo, de PP (de Ribadeo) a PSOE…
-
Sobre o pleno do luns e un rumor que medra
Deixo a ligazón á nota de prensa do concello sobre o pleno de 20100712, na que vexo por primeira vez por escrito un rumor que comezou hai máis dun mes en Ribadeo, e que imputaría ó xefe de filas de UPRi, Paco Rivas, a aceptación dun cargo na Xunta, coa conseguinte desestruturación da actual relación…
-
Os dereitos son proporcionais ó poder
A cita de N. Chomsky, dun debate en París hai un mes, quizáis debe ser reformada lixeiramente para a súa total comprensión separada do resto do texto: O uso que se pode exercer dos dereitos é proporcional ó poder que se pode exercer. Cadra unha repetición de dúas palabras, pero coido que iso precisamente resalta…
-
Máis sobre orzamentos
Despois de botar contas sobre o mundial atopei onte tamén a nova do gasto que suporá para a Xunta a visita do Papa. Visita que non inclúe unha noite en Compostela, pois irá durmir a un lugar non sei se máis santo, Barcelona. A cousa din que supón 2 M€ (por otro lugar atopei 4…
-
Contradicións
Avisan na web do concello da sinatura dun novo convenio sobre drogodepencias e felicítanse por iso (aínda que sexa menos que o ano pasado). Non é unha contradicción que mentras tanto as esteñan fomentando por outra banda contribuíndo a manter e aumentar unha dependencia alcohólica? Tendo en conta ademáis que o consumo de alcohol relaciónase…
-
Unha referencia estatutaria
Onte saiu a sentencia do Tribunal Constitucional sobre o estatuto de Cataluña. Polo momento, só referirme a unha entrada do blog Ángel de Olavide que da nova puntual do feito, a parte de opinións.
-
O 2% da poboación, á manifestación.
26 de xuño de 2010, Burela. A manifestación a favor da área sanitaria de A Mariña e o hospital da costa xuntou máis do 2% da poboación afectada direitamente por estar integrada na área que se prentende defender segundo a convocatoria. O 2% duns 72 000 significa 1 440 … De calquera xeito, as…
-
As novas estratexias
Calumnia, que algo queda. Poderia ser o lema que se está a instautrar na política a tódolos niveis, pero que se nota máis a nivel municipal. Tendo sido vítima de calumnisa non só unha vez, aprecio a importancia do que pode significar unha calumnia, e dou acuse de diversas calumnias que se fan notar e…
-
Para que dereitas, con esta esquerda?
Despois do ‘despide ti, que pagamos entre todos’, quizáis lle quede unha misión á existencia da dereita, debido á oposición de adxectivos nas súas etiquetas políticas: o lembrarnos, coa súa existencia, coa semellanza cada volta maior esquerda/dereita, que outra esquerda é posible. Con outra visión, esta volta de Saramago (2007), “antes gustábanos dicir que a…