Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Xulgado, mellor hoxe que mañá

    … e non me estou a referir á velocidade de aplicación de xustiza (que é xa sabido pola pedagoxía que mellora en calidade de resultados coa rapidez sempre que non se perda polo camiño a propia xustiza), senón á (re)petición/reposición dun xulgado para Ribadeo. Estánse a deixar xa en diferentes lugares follas para asinar co…

  • Tódolos Santos non é Defuntos …

    Se nos cinguimos á tradición católica do día de tódolos santos, ou polo contario, se nos quedamos co Samaín / Halloween, teremos una concepción da celebración de hoxe ben diferente, aínda que emparentada en ambos casos. De calquera xeito, diferente da celebración de mañá, Defuntos. Non creo que Zapataero estivera pensando nestas cousas cando nomeou…

  • A crítica do xefe polo subordinado debe ser un accidente, non un hábito

    Collo para o título unha cita de André Maurois que atopei nun xornal a semana pasada. Non di a explicación que para que sexa un accidente, o proceder do xefe debe ser asemade correcto salvo accidente, pero coido que debe sobreentenderse. En política, ademáis, non está moi claro que significa / a quen se lle…

  • Cando a lei non se cumpre, revisitado

    Chegoume pola web a nova dun artigo de xa hai uns días, escrito for Fernando Acero, Cuando las leyes no se cumplen, los ciudadanos pierden (y mucho), e lembrei un artigo meu escrito coa mesma idea, sobre outro tema, e con diferentes características: Cando a lei non se cumpre. Sei que ó final, resultan diferentes…

  • A democracia inestable: potenciando o nacionalsocialismo (ou semellantes)

    Receita: “só hai que trivializar actitudes inadmisibles, deshumanizar consignas, converter en virtuosos actos xenófobos, racistas, intransixentes; reivindicar a insolaridade e facer da crueldade un acto de xustiza, un dereito irrenunciable” (http://blogs.publico.es/asuntosycuestiones/291/inoculando-el-veneno/) E si, é ben doado, e pode facerse dende a esquerda, a dereita ou o ‘centro’. Mesmo pode potenciarse non exactamente o nacionalsocialismo ou…

  • Estás afiliado á CEOE

    Non o sabías? Pois si, estás afiliado á CEOE, pero sen dereitos de afiliación. Os números en economía son mareantes para calquera do común. Por exemplo, resulta que poderás ter ou non pedido un crédito no banco, pero o estado deixoulles por ti (varía segundo as fontes) cousa duns 2 000 € para o que…

  • Os cambios nos tempos

    Onte mesmo pasaba polas miñas mans unha vella nota de prensa (ano 2006, a comezos, ou 2005, finais, non lembro ben) na que os promotores ribadenses, por medio do seu representante no momento, pedían que non se suspenderan os permisos de construcción polos graves danos que causaría á construcción e a Ribadeo en xeral. Dende…

  • Sorrí, que veñen as eleccións

    Collo un titular quente, de hoxe mesmo: “El PSOE de Ribadeo anuncia que Fomento mejorará el tramo con más accidentes de A Mariña“. Entre el e o contido interior da nova pódese sacar un auténtico manual de instruccións preelectoral para os partidos que teñen algún tipo de poder ‘externo’, é dicir, fóra do ámbito de…

  • Esperanza?

    O “normal” é que internamente a unha asociación se impoña o que dice o ‘xefe’ (teña o título que teña dentro dela) da mesma. En certo xeito, por iso é o xefe. Por iso, o que pasou onte en Madrid, o ganar o membro opositor dentro do PSOE madrileño Tomás Gómez á postulada polos mandamáis…

  • Volta á situación normal?

    Rematando o mes de volta da tregua veraniega, o perfil das novas en Ribadeo segue en pendente. Hai preparativos para a folga, pero tamén comezan de xeito continuado os reproches oficiais, sexa por non ter o Xulgado ou polo estado da estrada. Era de esperar que, co gradual enfrontamento previo ás eleccións, comezaran a xurdir…