Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Asamblea cidadá da Mariña e Occidente na Caridade (20110604)

    Comezou con retraso, a eso das 5 e vinte, na praza do concello de A Caridade, a capital do concello de El Franco e con pouca xente, non máis de 30 persoas. A cousa foi tomando forza de xeito que ás 7:30, ó remate, pasabamos de 70 persoas e xa se fora angunha. Entre os…

  • Rebaixas

    Remato de escoitar hai un pouco na radio sobre unha magnífica crema feita con veleno de serpe, para o cute, importada direitamente de Los Ángeles, onde parece ser que a usan as estrelas da pantalla con magníficos resultados, non hai outra igual en toda Europa (non di se hai competencia noutros lugares do mundo), e…

  • De fóra e daquí

    Daquí: esta fin de semana non haberá o certame de intérpretes mozos Hernán Naval. Dun xeito inesperado, pódese atopar a nova nos xornais. A razón aducida non depende tanto de Ribadeo como de fóra: a falta de participantes. De calquera xeito, o cambio de datas por mor das eleccións influíu na diminución de xente, e…

  • Recomezo. Necesario, vital.

    Despois do aviso feito no blog o pasado 26, en Tapia aumenta de novo a tensión polo ouro. Foron 3 propietarios en 5 anos, aumentados de novo hai pouco, e comezan os problemas. Unha manifestación para esta fin de semana, domingo ás 12, que queren cortar prohibindo o paso a uns terreos que son de…

  • Unha idea de O Tesón. Comunicado

    AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20110528 Unha semana despois das eleccións municipais, a situación política en Ribadeo comprende dous partidos cun só representante. Nun dos casos xa se propuxo publicamente dende o primeiro momento a renuncia á súa acta da persoa electa, e no outro, ó longa da semana, xurdiron na prensa e…

  • Panem et circenses? Fútbol vs democracia!

    De todos é sabido que o fútbol move masas. Máis que a política, neste país. Agora, coa excusa de que o Barça pode ganar a copa, cara ó fin de semana desaloxan a praza de Cataluña en Barcelona, porque é alí onde se celebran estas festas, polo que parece. E tamén comezaron o desaloxo en…

  • 15M, IGaPE, o Deportivo, a mina, a ría …

    Xoves. As eleccións comezan a ser xa tema desfasado, e comezan a relocer as curiosidades, como que en Aduna o voto en branco fixo posible que non houbera alcalde. Ou que un movemento de cidadáns en branco sitúase como forza política a un certo nivel. Ou localidades nas que un partido copou a alcaldía. As…

  • Pospolítica como política postelectoral

    Unha vez que falan os números, as consideracións políticas soen cambiar de aspecto. Tanto en xustificacións como en temas, pasando tamén por actitude. A nivel local ou nivel estatal e máis aló. Non importa. Estamos ante unha pospolítica, pois a ‘política’ en si, a xusto anterior, xa non serían as relacións e actividades de goberno,…

  • Unha colaboración para (interpretar os resultados d)as eleccións – entrada 2 do día

    Hai xa algún tempo que fixen unha entrada que me requeiu Suso para o seu blog, e que estará publicada hoxe nel. Reprodúzoa hoxe aquí como segunda entrada do día, para ver como se reparten as cadeiras segundo o método d’Hondt: Se hai 13 postos, e hai trece persoas dispostas, non debera haber problema ……

  • Para seguir as eleccións (entrada 1 do día)

    Agora que despunta o día podemos planificar onde seguir as eleccións. Por suposto, neste blog, pero se non, en sitios alternativos como aquí, e no blog adicado ás eleccións de Ribadeo este ano.