Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.420 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Da corrupción

    3 dimisións por temas relacionados coa corrupción en Galicia, só no último mes. Non está mal.  Para batir unha marca, digo. Seguen a esforzarse en facelo. Seguimos a esforzarnos en permitilo?

  • Concienciándonos para o 20N

    A raíz dunha entrada en Seguridad Wireless Unha nota previa: considérome parte do movemento 15M, e como tal, apoio a difusión das teses xerais, que non teñen por que coincidir exactamente coas miñas. O vídeo forma parte da coñecida como #Op20N, a campaña coa que Anonymous promove entre a cidadanía española un cambio para o…

  • Segue a conta

    Hai algún tempo veñen saíndo de xeito salpicado diversas novas sobre o concello de Ribadeo e os xulgados (a parte da reclamación para o retorno do xulgado a Ribadeo, que parece bandoada polas autoridades …). Rara vez deixan de ter un denominador común, cando se refiren ó resultado dunha sentenza: perde o concello. A última…

  • ATE vs ETA

    Por fin! (hai quen dirá ‘por fin?’). A nova de que ETA deixa de xeito definitivo as armas non colle por sorpresa, pois viña sendo anunciada, así como as causas que uns ou outros lle atribúen. Ben, non colle por sorpresa segundo a quen, máxime cando hai quen segue a crer que é unha manobra,…

  • Non é que non teña ideas; é que se as explico, perderei as eleccións

    A frase, que recollo a traverso de im-pulso, atribúese a Durán i Lleida, pero serviría moi ben para moita outra xente, e alimenta non só unha desconfianza cara á clase política de primeiras e ó sistema como soporte da mesma, senón mesmo intervencións con base diferente como a que mantiven (mantivemos) onte mesmo sobre as…

  • A cinco semanas das eleccións, un 15-O

    Ciudadanos por Lawrence Lessig, con subtítulos en español

  • “enviásmoslle sendos escritos hai un mes”

    O título está recollido dunha nota que sae na web do concello sobre o uso da area da ría de Ribadeo na praia dos bloques. E a entrada ten dúas partes nas que tentarei expoñer un par de ideas de xeito sucinto. A primeira, sobre o uso pedido. Dicía xa I. Asensio nos seus estudos…

  • PATRIMONIO MUNICIPAL (e II) – Artigo e Evaristo Lombardero

    Continuación de Patrimonio Municipal (I) En EL PROGRESO do 29 de Setembro comentábamos que no último pleno o concello de Ribadeo acordou rexeitar a solicitude da Comunidade Monte Cordal de As Anzas da devolución dunha parcela do monte onde se construiu a antiga escola nos anos 58-59. O alcalde argumentou que o terreo era patrimonio…

  • Información é poder. E o control da súa distribución, tamén.

    A 40 días das novas eleccións, pregúntome polos cartos invertidos polos partidos nas propias eleccións. é dicir, en prodigar a ‘súa’ información, a propaganda e en xeral a comunicación institucional, que démoslle o mesmo nome ou non, serve ó mesmo fin. Aquí remátase tendo unha vaga idea tempo despois das eleccións, mentras que noutros lugares…

  • Cumbreiras

    Despois do anuncio de hai varias semanas, quen se dera unha volta por fronte das cumbreiras en r/Irmáns Moreno Ulloa podía ver algo como o que deixo abaixo. O certo é que alomenos dende terra non é doado a estas alturas percatarse da diferenza, polo que fago unha pequena ampliación e destaco as liñas de…