Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.420 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Á mina!

    O proxecto da mina de ouro nos lagos de Salave non é novo. De feito, básase na existencia dunha extracción de ouro hai moito tempo alí mesmo. Pero foi xa neste século cando as técnicas permitiron ás grandes empresas botarlle unha ollada interesada, dispoñendo ademáis do seu potencial de convicción para conseguir permisos. Hai cousa…

  • Unha pequena reflexión sobre flexibilidade e firmeza, competencias e competencia

    Unha noticia da prensa de onte indica que a Deputación rexeita que Foz gaste os cartos do proxecto do xeriátrico en servicios sociais. Como non sigo exactamente a secuencia, non podo dar detalles nin xulgar moi a fondo. Aínda así, hai algunha cousa para reflexionar. A primeira, sobre importancia relativa de necesidades e a súa…

  • Constitución

    Estamos constituídos como España. Para min, ese é o significado da constitución. Ese acordo, de varialo, debe ser consensuado entre os afectados, sen componendas rápidas de mercados ou parellas de líderes. Mais, resulta que os políticos son nomeados os enlaces xestores das leis, e aí comeza a deconstrucción. Porque neste país xa non nos fiamos…

  • Que alegría!

    Que alegría! Non, non é polo mercado do Nadal, nin pola proximidade destas datas nas que a obriga de consumir vai producindo un subidón de adrenalina que se confunde de xeito case obrigado coa alegría. Non. quince días despois das eleccións, a cousa vai por outros camiños. Por fin saberemos (mellor dito, confirmaremos) a política…

  • Privación e privacidade

    Estase falando esta tempada de privatizar o servizo público. Case calquera servizo. Ou suprimilo. Moitos. Ó mesmo tempo, hai unha privación de datos, e unha privación de compartición de decisións. Non se pon en cuestión que os servizos públicos deben rendir, senón que non debe habelos. Non se pon en cuestión que deba haber máis…

  • Quen é quen?

    Con varios cortes de luz tanto onte á tarde-noite como esta mañá, espero poder rematar o blog en tempo … En tempos revoltos, é difícil distinguir algo, a parte do derivado de ‘a río revolto, ganancia de pescadores’. Despois do indulto da semana pasada dun banqueiro por parte do goberno (vice dun banco que condonou…

  • Un (varios) novo(s) enfrontamento(s)

    Unha das misións importantes que coido que ten o aparello mediático do concello é dirixir (ou tratar de facelo) as novas, a atención da cidadanía cara onde interese no momento concreto, dirixindo así tamén o debate correspondente e mantendo a outras forzas á contra. Certamente, non é a única, nin a máis desexable para a…

  • Unha semana e un día

    Podemos comezr a contar. Hoxe cúmprese unha semana e un día das votacións, e isto comeza a parecerse a unha pena, antes de entrar o novo goberno. Non só é que no último consello de ministros se indultara a un financieiro tramposo, dando un paso máis cara ó desprestixio do PSOE, a quen as letras…

  • SPQR

    Senatus populusque romanus, o Senado e o pobo de Roma. Se non lembro mal, era isa a lenda que levaban os estandartes das lexións romanas, en representación dunha comunión entre pobo e representantes na loita contra o exterior. No caso español, o Senado é, cando menos, algo diferente. E non porque nas últimas eleccións sexa…

  • Tarde

    Publico tarde, despois de perderme a xuntanza do 15M hoxe en Ribadeo e ver de pasada que os xornais recollen hoxe de xeito maioritario que o bondadoso BCE nos librou unha vez máis do precipicio económico. Só deixo un motivo máis de ‘reflexión’ nun día como hoxe: Como ganar medio millón de votos dun plumazo.