Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.420 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Aplícao onde queiras… pero sé consciente

    Collo emprestada unha cita: “Este espectro non choveu do ceo: é unha manifestación natural e unha consecuencia inevitable da fase histórica que atravesa actualmente o sistema ó que ese espectro atemoriza. É dicir, creouno o feito de que unha parte deste sistema non pode xa, dende hai tempo e por mil motivos, seguir baseándose na…

  • Quitando altura

    Coido que a nova de hoxe en Ribadeo está clara: o alcalde apura a rebaixa de alturas ilegais. Con maioría absoluta está visto que se poden facer moitas cousas, ó tempo que outras posibles quedan no caixón das antigüidades ou das cousas caídas no limbo. E á actual alcalde hai que recoñecerlle que pasiño a…

  • Que pasa coa herdanza dos Moreno? (III)

    Despois das dúas primeiras entradas sobre os Moreno e o seu legado (I e II), e unha pequena reflexión sobre o que trouxeron os reis, atopámonos cunha sorpresa máis tras os reis e en relación ó legado: Ribadeo, disposta a vender a súa parte da torre dos Moreno. Enténdase, non é Ribadeo, senón o alcalde…

  • Valorando 2011. Máis

    Despois de falar do tempo, do intrascendente, quedaría a charla máis ‘trascendente’. E resulta que, a pesares do cedo que é no ano, deume tempo a ver que a nivel España hai moitas valoracións punteiras (á beira doutras que non o son, claro) como a de Miren Etxezarreta, que acompañada nunha páxina en papel por…

  • Cando non se quere, non se quere

    Vaites! Horas despois de que haxa un pleno municipal, a cidadanía entérase por algún medio que o houbo. Pero, e antes? Antes, non existe, excepto para os citados. A non ser que lle conveña por algunha razón a alguén e entón, sexa difundido. Aínda esta mañá non sei se o pleno foi de mañá ou…

  • Bo tempo, pero frío

    Días soleados, pero máis ben fríos. O tempo meteorolóxico, a temperie, ás veces é como un alter ego para outro tipo de situacións. Nestas datas de Nadal, con discursos varios, de real a local e volta ó comezo, saen as boas palabras a relocer como o Sol que nos ilumina e produce un benestar se…

  • Isto non é o ‘Xoán sen medo ou o zapateiro valente’

    Para quen non lembre o conto do zapateiro valente, un pequeno resumo é que un zapateiro que non daba matado nin unha mosca, un día, nun golpe de sorte, matou cinco, e comezouno a contar moi ufano cando estaban na procura dalguén que se enfrontara a un xigante que ameazaba no reino. Unha cousa levou…

  • Un ‘experimento mental’

    Onte, debate de investidura. Collo do blog Im-puso que Rajoi aportou intencións, non decisións, poñendo da miña colleita que en boa parte iso é o que se soe facer nestes casos, e máis tendo unha maioría absoluta de deputados. Poucas novidades sobre o esperado; se cabe, a maior, a intención de voltar a poñer patas…

  • A semana máis curta

    Estamos na semana máis curta do ano. Vale, tódalas semanas teñen o mesmo tempo, pero ista ten máis noite e menos día que ningunha. A próxima terá xa máis tempo de luz, a seguinte aínda máis, e así sucesivamente ata xuño. Neste curta semana,non obstante, van pasar cousas que decidirán o futuro próximo en boa…

  • Consello de contas, e outro tipo de contas.

    Unha amiga pasoume a referencia para chegar ó seguinte: *Provincia – Tipo entidade – CIF –       Nome –       Data remisión           * *LUGO-CONCELLO-    P2705100B-RIBADEO-21/11/11-Fora de prazo * é dicir, o concello de Ribadeo enviou as contas fóra de prazo, como pode verse aquí. É unha web curiosa, esta do consello de contas. Por exemplo, a táboa…