Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.420 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Calma

    Mañá de sol, pían os paxaros na calma matutina. Os xornais non traen novas de parques queimados e as cinzas do último xa están retiradas. O rebumbio de alegacións ó PXOM alónxase despois da campaña, esperando a renovación total do documento e a súa pronta aprobación ó mesmo tempo. Novas iniciativas como o café de…

  • Día D

    Hoxe é o noso particular día D. O día fixado para o rescate financieiro, segundo filtracións. Filtracións, como non, interesadas, que meten máis presión no cotarro. Un día ‘perfecto’: en fin de semana, co comezo do campionato europeo de fútbol, a unha semana das novas eleccións gregas, … Ben, as novas que se presentan a…

  • Manifestación polo ensino

    A manifestación tivo lugar hoxe en Ribadeo, con xeitos de enterro, transcorrendo dende o IES Porta da Auga, pola Avda. de Galicia, ata o Insalud, para logo retornar polo mercado e s. Roque ó punto de partida. Embaixo, uns vídeos e fotos:  Coido que a manifestación non necesita moita explicación para quen teña un mínimo…

  • E por eso protestan? Que se veñan a Ribadeo e nos ensinen

    Unha nova nos xornais: falando das prebendas dos membros do Poder Xudicial, “en torno a 6.000 netos al mes“, posto como moito. Hai un lustro, posteaba neste mesmo blog: “un soldo medio mensual para o Secretario, quen máis debe cobrar no concello, superior ós 6000€ (é dicir, máis de 1.000.000 de pts), dietas a parte“.…

  • Se xa o saben os nenos, se xa temos a tecnoloxía, …

    Se xa somos conscientes, se xa o movemento está en marcha, o mundo comeza a cambiar. Do anterior pode resultar un sorriso, pero o mundo está a cambiar tódolos días, e a cuestión é facer que cambie nunha dirección e non en outra. Así, se tentan fastidiarte o día, por exemplo cando a primeira hora…

  • Un paso máis

    Non aporta moito novo ó diálogo a portada de hoxe de A Mariña/El Progreso que deixo abaixo, nin o artigo na Mariña/La Voz de Galicia. Si bota leña ó lume …

  • Partidos partidos

    Semana aciaga para algúns partidos de Ribadeo. Ben, quizáis aciaga non sexa a palabra, porque tamén abriu portas de esperanza, pero cabe distinguir que os partidos ós que me refiro non foron os que protagonizaron os encontros de veteranos que produxo o campionato internacional (1 equipo do Reino Unido e 2 de Portugal) que inundou…

  • Amanece un día que promete

    Ceo despexado, sol que quenta, inundación de luz, os primeiros movementos da vila en forma de limpeza da rúa, mentras o Ribadeo de tapeo continúa (aviso para que non fixera ningunha rolda, se queda) e hoxe haberá a segunda demostración ‘master class’ de cociña (a de onte, por información de primeira man, estivo ‘chapó’) Así…

  • Mellor, falemos de fútbol

    Si, eso: mellor falemos de fútbol. Ó fin, ‘as semanas máis importantes para España’ veñen a coincidir co final da liga, quizáis por casualidade. Pero nin por esas. Anunciáronnos que semana tras semana veríamos novos ‘axustes’, pode que para meter medo e que foran máis doados (cuestión de psicoloxía social), pero se  con eso se…

  • Venres

    Pasou o 17 de maio, día das letras. Hoxe é 18. Venres. O día da ameaza dende que o Presidente de Goberno adiantou que todos os venres habería novas ‘medidas’. As dúas fotos de embaixo foron tomadas no último pleno: dende o salón de plenos do concello, a bandeira española, con fondo ribadense, de noite…