Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.314 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • A plataforma “ORO NO” fai público o informe da Confederación Hidrográfica do Norte que sinala “GRAVES DEFICIENCIAS” do estudo de impacto ambiental considerándoo “INSUFICIENTE”

    A mina de ouro de Tapia vai adiante nun novo acto político/administrativo fortemente contestado. Mentras, os gandeiros están en folga de entrega de leite, o máis semellante que poden facer ó ‘parar as máquinas no sector industrial, dado que unha vaca ‘non se para’ e se ‘volve a conectar’ cando se quere … A gandeiría…

  • Mirándonos no espello das eleccións catalanas

    Pero, poden servir as eleccións catalanas en Galicia de espello, comparación ou ‘algo’? Certamente, non se diría polos resultados, a participación ou mesmo a fase de crise (din) na que se atopa cada comunidade. Non, as eleccións catalanas non son un espello onde mirarnos sen distorsión. E máis hai un factor que podería facelo posible:…

  • ¿Qué hubiera ocurrido si no hubiéramos tomado las medidas? 1 ano de marcas.

    Verbas, segundo os medios, de Rajoy. E se resulta que o punto no que estamos precisamente é porque se tomaron isas medias? Poderiase acadar maior desconfianza da xente despois de negar en menos de 12 meses todo o que afirmaba antes? Lévanse doce meses batindo marcas de insolidaridade co pobo, obscurantismo, entrega do común a…

  • Domingo de concentracións

    Hoxe houbo unha concentración entre 11:30 e 12 na Ponte dos Santos a conto do paso ciclista sobre a ría. Rebobinando, esta semana houbo un accidente dun ciclista ó pasar pola beira, co resultado dunha mandíbula rota. Hai xa dous anos que O Tesón presentou unha pregunta no pleno, que o alcalde dixo que ía…

  • Ó día

    Luns, pleno no concello ás 20 horas. Temas a tratar? Sábese de que non vai haber aumento de impostos, que interesou publicitar. Pero non máis. Apertura, claridade, información, contacto, … Cando se pediu un regulamento de participación cidadá (sen contestación polo concello), se propuxo (sen atención), se propuxeron cambios ó proposto polo concello (sen consideración),…

  • Mapa español da apertura (dos datos públicos)

    Iranse engadido máis ligazóns, pero as poucas que hai polo momento son interesantes: Map openess Spain. Facer públicos e visibles os datos públicos … queda moito por percorrer, pero pouco a pouco pódese.

  • Algún dato sobre a vitoria de Obama

    Grande vitoria en número de grandes eletores dos estados, só cousa de un 2% sobre o número de votantes, desaparición do resto de participantes nas presidenciais, son tres feitos que poden indicar algo de contradición, pero que representan un sistema de votación, o norteamericano, que non é moi igualitario no caso das presidenciais, primando ós…

  • A Mariña como mercado

    A política como mercado ten diversas facetas. algunha, xa ‘clásica’ por estes lares, como por exemplo, o mercadeo de votos nas eleccións. Visto dende outro punto de vista, dende hai tempo considero o episodio dos mercaderes no templo un dos máis impactantes da biblia: nel Xesús bota dalí á xente que facía negocio coa fe.…

  • Táboa de datos das eleccións autonómicas en Ribadeo dende o 1993

    A causa dun comentario dun lector do blog, deixo abaixo unha táboa de datos, a correspondente ós principais datos das eleccións autonómicas en Ribadeo dende o ano 1993, isto é, as últimas 6 convocatorias, que corresponden ós gráficos que puxen en “Historia de 19 anos de autonómicas: tres gráficos para Ribadeo nas autonómicas + 2“.…

  • Ilusión rota

    Evidentemente, corresponde a un determinado partido político, pero collín a foto non polo partido, senón porque é unha alegoría xeral: o cartel estaba roto xa antes das eleccións debido ó mal tempo de días anteriores. A imaxe á beira non importa: no cartel, illado e por riba da xente e da terra, Galicia está carcomida…