-
De novo, todo para o pobo, din, pero sen o pobo (isto non)
Houbo pleno en Ribadeo. Foi o día de san Xosé, o martes 19. Nota do concello, o 20. Nos xornais aparece o 21 … Asistencia? Dos edís, (suponse) completa [Nota posterior: en realidade faltou algún por motivos profesioanis]. Da cidadanía, inexistente. Parece que se aprobaron cousas para mellorar a vida dos ribadenses. Sen eles, porque…
-
Ouro e vontade
O ouro cambia vontades. E a presión, tamén. Onte aparece no xornal o descobrimento dunha antiga mina de ouro no límite entre os concellos de Barreiros e Foz, que se está a tentar protexer mediante a correspondente petición a Patrimonio. A distancia semellante de Ribadeo, pola outra beira, tamén por unha mina de outro, esta…
-
Estrela Galicia vs Citroën
O partido é hoxe: emocionante. Dúas empresas afincadas en Galicia compiten de novo nun partido de fútbol. Que sexan de campos comerciais diferentes non importa: o caso é que saian moitas imaxes das camisetas pola tele. Para iso, teñen que estar preto do balón, e máis nas situacións máis emocionantes ou complicadas: as que esixen…
-
Análise política galega dende unha perspectiva de Ribadeo e o partido no goberno municipal
… O título é moi amplo para pouca cousa que quero dicir … Onte o xornal fíxose eco da postura do alcalde ribadense, Fernando Suárez, sobre a deriva independentista do BNG tras a última asamblea. Ó ver a nova, pasáronseme pola cabeza dúas cousas. A primeira, que en certo xeito, no interior do BNG están…
-
Se hoxe é día 7, isto é unha información atrasada
Onte o concello de Ribadeo publicou na súa web unha nota. Curiosamente, refírese a un pleno celebrado antes. Pleno que non foi anunciado pola mesma canle, sendo extraordinario e non recibindo, que eu saiba, ningún tipo de infrmación previa os veciños, e isto, despois de que hai pouco tempo o alcalde animara ós veciños a…
-
Só unha pregunta
Que significa isto?
-
Seguindo o debate dende Ribadeo
O estado da nación non necesita debates sobre o pasado máis que para aprender da historia. Evidentemente, non para escamotear o presente. Así, non é de extrañar que a audiencia do debate poida ser mellorable, ou que se fixera un oco nas novas a querella contra Bárcenas por parte dunha asociación de dereitos humanos, enfocada…
-
Os cambios de normas electorais e Ribadeo
Ribadeo hai pouco que pasou de 10 000 habitantes. En principio, segundo a normativa actual, pasaría de ter 13 concelleiros a 17 nas próximas eleccións. Agora, coa perspectiva dunha nova normativa, pode quedarse en 5. Voltando sobre as eleccións 2011, cabe facer un pequeno cálculo de que pasaría en ambos casos, cos votos que tivo…
-
Unha vitoria / n derrotas … hai que seguir loitando
Ó fío da entrada anterior, deixo algo que faría rir, se non fora porque aumenta a indignación: O Tribunal de contas desaconsella que os partidos políticos entren na lei de transparencia. A resaltar que o Tribunal está controlado por PP e PSOE, logo alonxado dos cidadáns alomenos por listas cerradas e eleccións ó cargo propostas…
-
Unha vitoria/unha derrota
Que aquí teñamos que ver ó Presidente por pantalla mentres en Nova Iorque lle poden facer preguntas (en Spanish, please!) foi un adianto do antroido nestes lares. Onte, en pleno antroido, unha vitoria: a iniciativa lexislativa popular sobre a dación en pago foi aceptada a tramitación, fronte ó aviso anterior do PP que ían rexeitala…
