Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Palabra de ministro

    E Wert falou. O 6,5 como nota mínima para pobres. Os ricos poden pasar sen nota, é intrascendente: Sempre haberá quen lles venda un tituliño se quixeran. Os pobres, con menos de 6,5 deberan estar noutra cousa. Non especifica na súa sabiduría Wert, sabendo que cada un é diferente e polo tanto as respostas poderían…

  • Adeus ó “Dura lex, sed lex”

    Deixo a ligazón á última viñeta de Manel Fontdevila na que un operario está a levarse un carteliño ben feito coa lenda “Dura lex, sed lex”, mentras baixo da estatua representado a xustiza equilibrada un pudente e un togado escriben de xeito chapuceiro, aínda que tentando poñer tento, ‘to er mundo e güeno’. Cabe lembrar…

  • Q. É cu?

    O concello remata de recibir a Q de  calidade turística. Mellor dito, as Q, e a bandeira verde, ademáis. Por queixas que se oen de cando en vez, parece que deberan recibir o cu. A realidade, nin tanto, nin tan pouco, pero mentras que se quere facer visible o que interesa a cada quen e…

  • Despertando a sociedade, onte en Ribadeo

    Onte en Ribadeo houbo dúas xuntanzas para despertar á xente do seu letargo. O seu signo foi ben diferente. A primeira, foi nunha praza aberta, no mercado, da plataforma da sanidade de A Mariña, para recoller sinaturas. Poño primeiro a convocatoria, recollida de Fb (tamén saiu nos xornais como nova): “ Plataforma Sanidade A Mariña…

  • Política e paro

    As dúas p, que non PP, tiveron efecto en Ribadeo. A primeira, coa presentación da agrupación de Anova en Ribadeo, con Jorge Díaz Freije e Xavier Chao Lolo como cabezas visibles polo momento. Jorge provén da estrutura do PSOE, rastreable de xeito doado na rede, mentras Xavier que eu saiba non estivo integrado en estrutura…

  • Que son 10 €?

    Si, que son 10 € para conseguir unha boa causa? Algo así debe pensar o Presidente Feijoo, cando leva invertido 10 € por cada galego en propaganda dende que accedeu ó cargo. Como a cita está en castelán, collo as definicións en galego da RAG e en castelán do DRAE: “1. Actividade organizada para difundir…

  • Son terrorista? Si (iso din)

    Un artigo, ‘Yo, ciudadano terrorista‘ veu remachar un pouco máis algo que xa é sabido: a criminalización dos desposeídos. Entendámonos. No conxunto social, coido que non estou en mala posición dentro do 99%. Pero vexo as cousas claras: somos máis do 99% en conxunto os que estamos en mala posición. Ademáis, imos a peor. E,…

  • In crescendo

    Hai xa algún tempo que recibín por correo electrónico unha presentación, ‘Los imanes, cómo viven!’. Tratábase sobre un imán polígamo e prolífico que estaría recibindo do estado francés (onde viviría) unha suma considerable a base de ser cotizado polos seus dezaseis fillos de dúas mulleres, unha legal segundo a lei francesa, outra acollida. Mentras, o…

  • Perdido entre outras novas

    Aparece hoxe que Anova pasa a ser un ‘partido partido’ este fin de semana despois de comezar cun só ordenador, nin sés nin liberados (por certo, este venres ás 8 hai unha ‘previa’ ribadense no Cantón), como exponente de novedade sociopolítica, pois o traslado de decisións do hospital da Costa ó HULA xa non o…

  • O inmediato e o contínuo

    De sempre, hai unha loita entre o inmediato e o contínuo. A importanica de ambos balancea ora cara a un tipo, ora cara o outro. Recién rematada a semana santa (ou Semana Santa) quedan as noticias da choiva (como eu mesmo, onte), da ocupación hostaleira satisfactoria, da pegada importante das catedrais, e, como é costume…