Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Os 31 da fama

    Esto si que é cachondeo e non o da miña entrada de onte sobre a creación de chourizos! 31 parados menos nun mes dan para querer ocultar as novas de Bárcenas-PP e compañía, o préstamo sen interese, sen pasar por Facenda e con escasa devolución Rei-Infanta, a diminución de emprego, a contribución da emigración á…

  • Como facer chourizos e curalos (liñas xerais)

    Cóllese o magro do porco ou substancia adornada por moitos cartos, e pícase. O do picado é para evitar transparencia e que non se saiba ben de onde ven a substancia, podendo así misturar con facilidade a partir de diferentes lugares do porco. É algo fundamental para que pase por chourizo e non por, poñamos…

  • Divide e vencerás. Ou era ‘vence e adícate a dividir para facer o que queiras’?

    A práctica política está tan aquelada que xa non se sabe se rir ou chorar, se protestar ou non dar importancia ás cousas. Quizáis é iso o que se pretenda, o ‘pase’ xeralizado da política para que se encarguen dela os ‘profesionais’. Eu son disa opinión, matizando que non se trataría dun movemento organizado, senón…

  • Gandhi en Ribadeo un luns pola mañá?

    No seu momento, a relación político-social cambiou lixeiramente coas prácticas de Gandhi, que introduxo de xeito práctico a non violencia fronte a unha violencia institucional. En España o que chaman democracia e non o é está facendo experimentar á poboación, a nós, un abano de prácticas, dende a violencia (pouca, estimo) ata o apartarse do…

  • Ribadeo, domingo, será republicana

    Isa sería a pretensión dos convocantes ó acto do cartel. Coido que non estasrán sós, e máis aínda cando hai poucos días descubrín nun local de Barreiros a bandeira da ‘República galega‘, saída de onde se explica neste vídeo. Quizáis se note un pouco de descoordinación entre as tres citas (as dúas ligazóns) e a…

  • Participación cidadá? Non está de moda!

    Para pensar no verán: http://www.allariz.com/recursos/Regulamento_Participacion_Cidada.pdf … e iso que ten xa perto de 20 anos, aínda que Ribadeo esteña a … anos luz. Abondo máis curto, claro, sinxelo, que o proposto en Ribadeo, e na liña do proposto no seu día pola mesa de asociacións.

  • A corrupción, as touradas e a pregaria

    A este paso, imos pedir cada mañá a nosa ración de novas de corrupción: xa estamos enganchados a elas, e se nos faltan, sufriremos un baixón. Algo así como o que tentaba reproducir o conto castizo relatado como ‘A dónde vas? A los toros! De donde vienes? De los toros …’: xaleando á ida, pasotas…

  • Actividades en Ribadeo

    Ribadeo ten actividade. Máis se é fin de semana. E máis se é en pleno verán. Quedou amosado unha volta máis neas fin de semana. Outra cousa é que as actividads sexan do mesmo cariz, coa mesma difusión ou coa mesma participación. En Ribadeo, o venres houbo unha noite branca para o comercio, ata as…

  • Nota de prensa da AVV O Tesón sobre o nome da ría de Ribadeo

    AVV O Tesón 20130629 Nota de prensa Dende a directiva da AVV O Tesón queremos facer unha reflexión con calma e perspectiva sobre os movementos que teñen tido lugar a pasada semana en relación ó nome da ría. En primeiro lugar, dende a asociación, quedamos desconcertados coas primeiras novas que falaban en termos absolutos de…

  • Polémicas (rematadas) reacendidas, Barreiros e Ribadeo-ría

    A Xunta de Galicia recibe un varapao da Tribunal Superior de Xustiza de Galiza, que lle nega a regularización dos edificios de Barreiros. É a última das polémicas que se reacende. Esta volta, por unha xustiza que se ten tornado aleatoria, en función de intereses e control en moitas ocasións, mentras noutras, as menos en…