Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.314 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Falando da pirámide

    Hai unha semana saía na parte salmón do El País o gráfico que aparece ó final, a pirámide de poboación en España na actualidade e a esperada para dentro de dez anos. A nova na que estaba encadrada tentaba dicir que a española é unha poboación con tendencia ó envellecemento, e o que significa de…

  • Renda básica universal

    Pásanme o aviso de que hoxe, xoves 20131219, ás 20:00, no salón de actos da Casa do Mar, haberá un acto informativo sobre a renda básica universal. Nun comezo estaba previsto que participaran Roberto Porras, do ‘colectivo Alambique-Baladre‘, e Eva Solla, de AGE, pero esta última, por mor dun accidente, non estará. Quédanme varias ideas…

  • Transparentando Ribadeo

    Para a participación de todos, todos necesitamos saber. Non moreas de datos que nos entren polos ollos e nos deixen saturados, senón datos que saibamos que podemos acceder dun xeito sinxelo cando queiramos. Non se trata pois da ocultación máis o menos solapada ou imposta ó uso durante tanto tempo en Ribadeo, nin a suposta…

  • Cada vez máis

    Cada vez máis, pálpase o apartamento da política da vida da xente. De xeito suave, inconsciente, pasa da xestión dos asuntos propios, da economía (que non sexa a limitada ó ‘eu teño’), da política (a ‘polis’, a cidade, é algo abondo grande para quen non mira máis co seu ombigo), da sociedade (o pequeno grupo,…

  • 27 de setembro, día da Constitución

    Lanzo unha proposta, que o día da Constitución pase a ser o 27 de setembro. O 27 de setembro de 2011 entrou en vigor a reforma da Constitución, pola súa publicación no BOE. A última, na que o povo, nós, non tivemos voto porque non nolo deixaron exercer. Cambiouse o artigo 135. O ‘novo’, xunto…

  • Unha ponte á nada

    Lembran vostedes  a Asociación Puente de los Santos (ou aquí, a última asamblea), coa súa derradeira acción, unha plantación de froitas silvestres comandada polos concellos de Ribadeo e Castropol a cargo de subvencións (cartos públicos, de todos, via Europa), da que xa teño falado no blog? As fotos a continuación foron tomadas onte na plantación…

  • Unha aduana reducida a edificio: a aduana de Ribadeo

    A aduana ten unha función. En Ribadeo, tiña. Onte mesmo indaguei sobre unha nova aparecida nos xornais hai cousa de vinte días, segundo a que a asociación Atalaia reclamaba un apoio ó mantemento da aduana. O cambio de estatuto, a eliminación da aduana de Ribadeo, ven de hai xa dous meses, no BOE de 11…

  • Claridade, que entre a luz!

    Pásame un amigo unha nova dun boletín de CXG, pero con orixe nos xulgados. Collo os dous parágrafos que considero de máis peso: “A semana pasada tivo lugar no Hotel Méndez Nuñez de Lugo unha rolda de prensa de Compromiso por Galicia, na que participaron o Secretario Nacional de Política Municipal da organización galeguista, Iván…

  • Do mercado e os extras: caso Ribadeo

    A estas alturas, falar do mercado case presupón falar de transaccións a nivel internacional ou case. Neste caso, non. É do mercado de Ribadeo. Hai xa algúns días saíu nos medios que o concello ía poñer máis duras as condicións para os xubilados que vendían nel. Onte saiu no xornal a última nova sobre o…

  • Alemaña 1 – Europa 0, e Rajoy na feira

    Levo varios días esperando, pero hoxe vai: A imaxe chamoume a atención o outro día. Resulto que houbo un grupo de alumnos alemáns de intercambio no IES de Ribadeo, alonxados en familias, e en correspondencia con outros de Ribadeo que irán aló. En correspondencia coa visita, luciu a bandeira alemá na fachada do IES, xunto…