-
Pensamentos lixeiros para agosto: minoría impositiva
No tórrido verán ribadense albíscase como un espellismo unha maioría absoluta do 40% do 60?%. Non, ‘?’ non é unha errata, senón a manifestación dunha inseguridade moi diferente da seguridade de Rajoy, ó expresar a porcentaxe posible de votos válidos a partidos emitidos nunhas supostas eleccións. Como 0,4*0,6 = 0,24, isto é , 24%, pode…
-
Pensamentos lixeiros para agosto: Ribadeo, capital real
Xa pasou. A representación máis destacada das representadas este verán en Ribadeo foi, para min, o ‘caso visita “reaal”‘. Unha sorte para o alcalde que a cousa tivera dúas verquentes. Unha, a relacionada coa casa real, o uso e abuso do seu nome e cousas relacionadas. A outra, a ribadense. Coido que non somos minoría…
-
Vaites, se hai pleno!
Collo e miro na páxina do concello. Atopo 29/07/14-Festa do percebe de Rinlo; 28/07/14-Media maratón en Ribadeo, 28/07/14-Adeus ás actividades de verán para @s nen@s; 25/07/14-Aceite usado; 23/07/14-Visitas teatralizadas, e máis cousas anteriores. Nos xornais tampouco atopo nada a primeira vista. E, nembargantes, agora debe estar habendo un pleno (se non rematou xa), cunha orde…
-
Non se pode ser os mellores en todo…
Antonte mesmo un par de novas facían brotar outro par de notas do concello: a hostalería ribadense estaría nunha web clasificada como o segundo destino de calidade a pé de praia en España, e ademais, o incremento de reservas hostaleiras implicaría que este ano farase o agosto. Prácticamente ó tempo, dúas novas recibían moita menor…
-
Que sabemos do concello?
A cousa é que é no concello onde se toman decisións de xestión inmediata que nos afectan. Dende hai tempo veño pedindo unha apertura para ter a posibilidade de coñecer non só as decisións a auga pasada, senón a tempo, e os datos que as poden fundamentar, etc. Tempo significa xa cousa de dúas décadas.…
-
Día bonito con anticipo
De novo na tempada actual, clarexou un día bonito. Estamos tendo en Ribadeo un xuño ente neboado e radiante. E en toda Galicia, a tempada de praia comezou xa hai tempo. O sorriso co albiscar tempo despexado continúa nas novas: A Xunta ‘autoriza a adiantar’ a contratación de socorristas. Ben, se se le o corpo…
-
Cambiar de lectura
Luns. A ver que dirección colle a nova semana. De pronto, a finais da anterior, o que da ganas é de cambiar a dirección ou o enderezo. Cambiar a dirección de España ou cambiar o enderezo a fóra de España. A última? Coido que xa non se pode dicir en singular ningún ou cáseque ningún…
-
Nota de AGE Ribadeo sobre os datos do caso Pokemon en Ribadeo
Pasa a publicar unha nota de prensa de AGE Ribadeo sobre os datos do caso Pokemon en Ribadeo: “ O pasado xoves 29 de maio o suplemento A Mariña do Progreso publicou unha información sobre a que cómpre desfacer todas as dúbidas. Dise nela que técnicos implicados na adxudicación a Aquagest dunhas obras de urbanización…
-
Ribadeo, ano 0
Onte abdicou o Rei. Sobre as consecuencias, polo momento en canto a análises preventivos, o mellor que vin foi o que en facebook desgranou Ángel Alda nunha serie de puntos. Análises xerais comezarán a saír hoxe, os que vin non chegaban a tal nome. O que si vin, igual que todos, foi alegría -á que…
-
Podemos en Ribadeo?
Yes, we can! ou contestar á pregunta ‘podemos?’ cun ‘Podemos!’ é o que está de moda, o novo fenómeno que parece que pode asaltar calquera muro que se poña diante. O número de cadeiras da formación Podemos no Parlamento Europeo non é moi grande, pero foi unha irrupción dende cero dun partido que sería un…
