-
25 de maio
Non, hoxe non é 25 de maio. Pero hoxe remato de ver que dende o pasado día 7, e ata o próximo luns 14, pódense ver no concello as listas electorais: ‘Listas do censo electoral O alcalde, Fernando Suárez, asinou un bando no que fai saber que “con motivo das Eleccións ao Parlamento Europeo que…
-
Pleno vacío
Entendo que o nome de ‘pleno’ procede da idea de que ‘está todo o mundo’. Evidentemente, debo estar equivocado, e referirse só a que ‘está todo o mundo que importa’, os elixidos. O resto seriamos só ‘público’, e todo o mundo sabe que o público está de capa caída, non importa. É iso o que…
-
Hoxe no xornal aparece unha nova normal: subrealismo real
Hoxe no xornal aparece unha nova normal: o concello descarta adquirir unha grúa para retirar coches dos vados. O razoamento do alcalde, impecable: non se pode ter un funcionario adicado a retirar coches nun concello como o de Ribadeo. A nova especifica ademáis que xa hai abondos anos que o taller que se encargaba de…
-
dende Ribadeo, máis aló do Facebook
Segundo Facebook, Ribadeo xa está en Galicia (aínda que, se te pos a trastabillear, habería que matizalo). Érache boa! Como se porque o dixera o Facebook, Ribadeo deixara de estalo. Mais esa situación campou anos, cos perxuízos correspondentes, con difícil solución. Tan difícil solución que O Tesón non conseguiu o cambio, e o alcalde, por…
-
E a suba do gas, para cando?
Hoxe, esta tarde ás 8 na casa do mar de Ribadeo, estou invitado a unha charla sobre a reforma das pensións, ó igual que toda a cidadanía que o desexe. Procurarei ir, promete ser interesante o que se presenta como unha presentación do libro ‘A batalla das pensións’, que no seu subtítulo alude á privatización…
-
Un adianto á residencia de Ribadeo
Iso, un adianto, foi o anunciado polo alcalde de Ribadeo en relación á residencia: comezarase o trámite para a licitación aínda sen asinar a aportación de 500 000 € por parte da Xunta. Para elo, unha manobra: o concello poñerá esa cantidade de ser necesario adiantala porque a aportación se retrase (esa é a proposta…
-
Ceuta, como exemplo
Estamos vendo nas novas sobre Ceuta e a inmigración un exemplo da pauta xeral que se mantén dede hai xa tempo por parte do estado para case calqueira cousa. Case nos podemos preguntar se é por convencemento, necesidade estimada ou sinxelamente costume. A cousa é que ‘a morte’ (así, estimada polos medios como tal, descartando…
-
Arándanos en Ribadeo: unha pequena reportaxe fotográfica
Por unha casualidade, vou poder corrixir a posición que asignei como posible á finca alugada á Cooperativa os Irmandiños polo concello de Ribadeo para a plantación de froitos silvestres, auspiciada pola Asociación ‘Puente de los Santos’. Coido que queda claro na foto, atravesada pola N634: na parte superior, a rotonda que liga a N634 coa…
-
Revisando un artigo de hai máis de dous anos sobre a crise
Crise financieira, ambiental, social, política… Mirando este artigo de hai máis de dous anos, reseñaría dúas ideas: “Al contrario de cualquier otro empresario o profesional, la élite financiera sabe que hay escasa probabilidad de que tengan que pagar por sus errores. Y donde no hay castigo, no hay aprendizaje.” “(…) es necesario aprender la lección…
-
A mesa de asociacións e o alcalde de Ribadeo
Nota de Prensa AVV O Tesón Xuntanza de representantes da Mesa de Asociacións do Concello de Ribadeo co alcalde Venres, 31de xaneiro de 2014 Diversos representantes de asociacións do concello reuníronse o pasado venres 31 á noite co alcalde e co concelleiro de Medio Ambiente no Salón de Plenos. A xuntanza foi preparada cunha previa…