Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Aceptas un desafío con trampa?

    Se chegaches ata aquí entendo que si, que o aceptas. Ben, gana quen atope en máis sitios a orde do día do pleno de hoxe. Non, a ligazón non trata da orde do día do pleno, senón dun anuncio dalgunha das súas partes como propaganda institucional, logo non conta. Se non me equivoco, ganarán os…

  • Grecia non é Ribadeo

    Lin onte que hoxe hai moitos analistas políticos que saben de Grecia. Eu só constato que Grecia e España son diferentes, a nivel estado, e máis aínda, Grecia, un estado, e Ribadeo, un concello. E coas diferenzas, as posibles semellanzas ou sinxelamente, curiosidades observables. Segundo eldiario.es, os resultados neste momento serían: Así, o primeiro que…

  • E ti, sabes como se administra Ribadeo? Un caso: gasto en limpeza

    Faigome a pregunta de xeito recurrente. Cada pouco hai novas, feitos… que a desencadean. Sabes como se administra Ribadeo? Como se toman as decisións, quen as toma, en base a que, os recursos que implican, de onde se obteñen? E evidente que non podemos saber de todo. Pero se queremos vivir e exercer unha democracia…

  • Galicia: operación acordeón e síndrome de Estocolmo

    Sorrir ou chorar? Loitar! Comezo pola conclusión e paso ós datos. Dun só feito, pois podería procurarse outros moitos coa mesma ou semellante conclusión. 2014, ano sen eleccións: a Xunta eleva un 34% o canon de SoGaMA. 2015, coas municipais e as estatais á vista: a Xunta rebaixa un 10% o canon de SoGaMA. Variou…

  • Nota de prensa do Círculo Podemos de Ribadeo

    Con atraso porque o teño dende antes de fin de ano…

  • Intelixencia cooperativa en Ribadeo

    Onte foi o pleno no que se aprobaron os orzamentos para o 2015. Como estaba previsto por iso da maioría absoluta, a cousa foi adiante. Non facía falta estar no pleno. Tampouco saber se había algún punto máis na orde do día ou non: a nota de prensa non o especificaba e, ó non ir…

  • Branco sobre negro

    Hoxe escribo branco sobre negro. Hoxe o blog está de luto pola liberdade: onte foi votada a lei mordaza. O vello dito ‘só lles queda o pataleo’ xa non é certo, pois iso, ‘o pataleo’, está prohibido xa en España. A cousa únese a outras moitas anteriores, como a ‘taxa Google’, redactada non exactamente contra…

  • Unha nova xa vella sobre Ribadeo en Común, e outra máis

    Téñenseme pasado un par de  notas de prensa de política local que axuto agora embaixo. Ambas afectan á plataforma ReC de xeito diferente. Na primeira, a plataforma da nova dos seus cargos para un período de tres meses, un paso máis dentro da súa rápida marcha na que está a traballar arreo para autoconstruírse como…

  • O caso de Ribadeo, dende Pontevedra

    Mantiven onte que Ribadeo necesita un chequeo. Non é algo extraordinario nin en razóns dun mal estado, senón unha actuación de funcionamento normal precisamente para evitar ter que tomar nun momento dado medidas extraordinarias en razón dun mal estado. Nomeaba tamén o premio recibido por Pontevedra, o ‘Premio Internacional de Dubái‘,entregado polo concello de Dubai…

  • Chequeando Ribadeo

    O de chequear soa a médicos, e pode ir diso, máis pode tomarse nun senso amplo, para ver como vai algo. Pensando en que ás veces é conveniente recoñecernos antes de propor estratexias e aplicalas para avanzar. Digo ás veces non porque non sexa conveniente sempre, senón porque moitas non se fai e preténdese que…