Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.421 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • O xogo do despiste

    Estas dúas imaxes son iguais, diriamos: representan o mesmo. E en ningunha das dúas se ve con claridade o fondo. Hai pouco tempo saiu un artigo de Campo Braña sobre a non celebración da feira do libro en Ribadeo neste ano. Resulta que si se vai celebrar, aínda que non no circuíto de feiras publicitado.…

  • Primum legere, deinde cogitare

    Venme o título, primeiro ler, logo pensar, dun dito latino ben coñecido: ‘Primum vivere, deinde filosofare’, primeiro vivir, logo filosofar, a conto de algo que lin onte. O de onte era unha páxina enteira de La voz de Galicia, na que o seu director Santiago Rey Fernández-Latorre larga unha longa perorata para rematar dicindo algo…

  • Tres imaxes

    Tres, para os conxuntos, é un número que ten algo de maxia. É o primeiro número que racha tanto coa monotonía da igualdade como coa contraposición invitada entre diferencias. Un número necesario para manter unha banqueta estable e para facer cadrar diferencias en pé de igualdade. 1.Ribadeo, visto por riba dunha bandeira republicana. Ribadeo, Dende…

  • Asimetría. Diferenza

    Os seres humanos somos en xeral simétricos, a esquerda e dereita, con pequenos defectos que fan esa simetría irregular. Cando a falta de simetría é evidente atopamos un caso raro, que tratamos de xeito diferente. Casos como os de alguén a quen lle falta un brazo, ou que tren unha chepa cara algunha das beiras.…

  • Sobre a presentación de ReC: Todo o que podes saber sobre Ribadeo en común (polo momento)

    Collo foto, emblema (do facebook de Ribadeo en Común), audio (vídeo en youtube da Ser-Occidente/ORT) e a ligazón ás entradas sobre Ribadeo en Común no blog (seguro que falta algunha) O logotipo, e algúns dos participantes que arrouparon esta mañá ó portavoz actual. Sobre a presentación de ReC (hoxe, 10:30 no local de asociacións do…

  • Blogues e política

    Ó pouco tempo de falar da presentación, hoxe, de Ribadeo en Común, ou do uso da intelixencia colectiva como base para desenvolver unha política municipal, ou do trasvase da propaganda doutro tipo a institucional/política, atópome en im-pulso a ligazón a unha enquisa sobre interactividade, blogues e liderazgo de opinión política, enquisa que lle pasaron para…

  • Nota de prensa: Presentación de Ribadeo en común

    Nota de Prensa: Presentación de Ribadeo en Común O vindeiro xoves 5 de febreiro a plataforma cidadá Ribadeo en Común presentará ante os medios locais o seu proxecto para que haxa unha candidatura veciñal nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio. A presentación terá lugar ás 10:30 da mañá no antigo Lavadoiro da rúa…

  • Ribadeo aspira a ser smart city

    Soa máis ‘cool’, pero o de cidade intelixente é máis próximo. Debera. En canto a Ribadeo e a intelixencia cidadá, coido que imos un pouco retardados no que a aplicacións tecnolóxicas se refire, pero visto o visto, coido que non é o máis interesante dunha vila intelixente. Máis que a tecnoloxía aproveitada, que tamén contribúe…

  • Medindo resultados de campañas de propaganda

    Polo que parece, a campaña de promoción turística de Ribadeo en Fitur este ano é un éxito completo. Remítome ás notas de prensa e conseguintes publicacións. Dende Ribadeo, tendemos a ver o que se fai pola nosa xente no exterior con ollos positivos. É natural. Pero a día de hoxe, a piques de rematar Fitur,…

  • Desigualdades. Un caso de relevancia para Ribadeo

    O título podería ser doutro xeito: ‘se queres ser libre, págao’. Coido que destoutro xeito, a consecuencia é máis clara: ‘porque terás que pagar o prezo da túa liberación, xa que non és libre’. A actual ‘democracia á española’ manifesta non ser igual para todos. As desigualdades son evidentes. Tanto, que mesmo hai ‘demócratas’ que…