Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Recollido da rede: Ribadeo, alén do Masma (dende Santiago, claro)

    Despois de incidir hoxe mesmo nunha visión de Ribadeo pre-eleccións, ligo aquí, ó tempo que corto e pego, unha entrada do blog de José Mª Rodríguez, O Cargadoiro, co título “Remata Galicia no Masma?“: Tres longos anos chamando ás portas de San Caetano! Os veciños de Ribadeo só pedían unha xuntanza coa Conselleira de Benestar.…

  • Despois do 25 de abril

    O tempo de onte? Unha mañá que se quedou boa e unha tarde na que se foi perdendo visibilidade. 25 de abril de 1974. Un tempo no que os empresarios que poderían pensar en ofertar o pago do salario en latas de conserva gardaron esas ideas. Tempos para non tanto celebrar onte de xeito puntual,…

  • Persoa, propostas ou xeito de actuar?

    Xa estamos. De volta a ir vendo que decisión tomamos. Que orientación no espectro ideolóxico? Partido ou agrupación de electores? Cara bonita, simpática ou sen foto? E máis eleccións… Como vemos, non todas as características deberan estar á mesma altura. Iso inclúe que algunha xente poñerá a unhas diante, como criterio preferente, e outra xente,…

  • Un comentario sinxelo

    Collo uns poucos datos estatísticos (o IGE ten a disposición máis do mesmo tipo) para facer unha gráfica: Que nos di? Pois que dende hai tempo a idade media dos ribadenses sube e sube, a razón (esta última tempada de anos) de case un mes por cada ano que pasa. Estiven para dicir ó comezo:…

  • Historia dunha tarde

    Dende un punto de vista estritamente persoal coido que debe ser contado. 1.Historia lonxana Polo que me teñen dito (sen corroborar pola miña conta), no pasado téñense presentado  dúas veces agrupacións de electores nas municipais ribadenses. A primeria sería no ano 1979, encabezada por Antonio Martínez, que obtivo catro concellais. A segunda, no ano 1991,…

  • Tres propostas, ou tres informes?

    Unha das funcións que pretendo co blog -non sei se a cumpre ou será demasiada presunción- é a formativa. Non tanto en canto a formación de opinión como formación para poder opinar. O caso de hoxe iría nese sentido. O día un deste mes, logo hai xusto trece días, publicaba unha entrada sobre a propaganda…

  • Lista de candidatos ás primarias de Ribadeo en Común

    Copio e pego do blog de Ribadeo en Común, (sen outro comentario ao menos ata que teña tempo de facelo en condicións) Estamos xa a celebrar as nosas primarias, dende o mércores 8 ao domingo 12 de abril, as primeiras en Ribadeo nas que a veciñanza elixirá ás persoas candidatas e a súa orde da…

  • Tras a Semana Santa e antes de maio, unha experiencia

    Despois da Semana Santa, as apreciacións esperadas: Ribadeo é a leche, milleiros de visitantes e exhibición de cooperación concello-hostalería. Mentres, de cara a maio, os partidos van completando, e dise que os dous partidos que faltan por anunciar candidatura, PSOE e Cidadáns, xa a teñen completa, co que tamén cidadáns se presentaría. O ‘non partido’,…

  • Achéganse as medias verdades. Algunha mostra

    Medias verdades, como moito. A pasada semana, apareceron enchendo os buzóns os primeiros panfletos dirixidos específicamente ás eleccións municipais. Entre verdades de pleno, aparecían as medias verdades, por non dicir sinxelamente tamén as mentiras. Case coincidían ademais no tempo coa nova nos xornais de que este ano as subvencións directas a partidos por resultados electorais…

  • Unha mini enquisa ós visitantes: resultados

    Hai poucos días daba carpetazo ó seguemento do lema da última campaña publicitaria de Ribadeo en internet, coa conclusión clara de que, a pesar do triunfalismo, foi equivalente a tirar os cartos. Xusto ó día seguinte, a resultas de que Ribadeo está cheo polos turistas en Semana Santa (cousa que se nota dende o 100%…