-
Minucias (cales, unhas ou as outras?)
Vexo hoxe no xornal que hai en marcha un expediente para impoñer unha multa de 2000 € a un club de alterne no concello de Ribadeo. Polos datos, queda claro que é o que hai á entrada da desviación de Rinlo. E esa é a nova: unha multa de 2000 € por incumprimento da lei…
-
Moción sobre o deixar facer un hotel na illa Pancha (PSOE, 20170316)
A semana pasada, o grupo municipal socialista presentou unha moción para ser levada ó pleno que se pretende para mañá xoves, ás 20:30 horas. Temos entendido que non se levará, co que a única alternativa para tratala en data próxima (en caso de que faigan así) será solicitar o metela de urxencia. Algo que o…
-
Hai vinte anos, a lei xa non se cumpría
E daqueles tempos a hoxe, o refinamento do incumprimento vai a maiores. Agora, facer a lei a medida, e se non hai tempo, cambiar a fiscales ou xuíces se non sae ‘a devolver’ é algo que estase convertindo en normal. Normal de norma de quen o fai porque llo permitimos. Todos. E se sae…
-
Unha nova do concello de Ribadeo por cada día de diario
A falta dun día para que remate o ano, xa non poden variar moto algunha estatísticas. Unha delas, a de notas de prensa do concello de Ribadeo. A estas alturas do ciclo anual, van 313 notas dende o un de xaneiro. Case unha nota diaria, quitados só os domingos. A táboa onde se van poñendo…
-
A biblioteca de Ribadeo pode prestar libros electrónicos
Remato de ver unha nova (curiosamente non difundida -que eu vexa polo momento- nos xornais das grandes empresas editoriais) que certifica que as bibliotecas poden prestar libros electrónicos (non só os aparellos para ler -e_reader-, senón o contido do libro en formato electrónico -e_book-). Esperemos que esta resolución permita que a lectura de formatos…
-
Ribadeo previsible: as contas de Ribadeo -2
Onte publiquei a primeira parte, e non me equivoquei: Razonaba e remataba a dicir que sairía unha nova nota de prensa sobre o desenvolvemento do pleno, e así foi. Por outra banda, dado o desenvolvemento ‘normal’ do tema, non me podo arrogar o ser adiviño, senón sinxelamente o transmitir a normalidade. A imaxe corresponde ó…
-
As contas de Ribadeo
Onte houbo pleno en Ribadeo. Non puiden asistir, mais é deses que si ten difusión abonda. Estaba avisado na web con máis de 24 h de antelación, se ben non tivo anexada a convocatoria cun único punto na orde do día, e a bo seguro hoxe aparecerá a nota de desenvolvemento do pleno, que anexarei…
-
A catedral da contradición (+1)
Onte materializouse o que xa estaba avisado: a unidade da BBC BBC – Natural History está gravando nas catedrais. Polo que parece, desta volta, despois do show de ‘A catedral da contradición‘, é algo de divulgación científica, diríase con pouca compoñente de tirón de masas para ateigar máis aínda o monumento natural. Claro que, na…
-
Manobras en Ribadeo
Hai terreos nos que a lóxica parece estar desaparecida, deixando o seu lugar ós sentementos, gobernados polos pre-sentementos ou ideas anteriores. Coido que un caso claro é o que está a suceder cos ataques a Fernando Suárez Barcia polo cobro ó exército dos servizos prestados polo concello. Hai xente para a que o exército está…
-
«Nunca criticariamos o cobro de viaxes e dietas se houbese logros e avances importantes»
O título é un subtítulo que sae hoxe nos papeis. E un indicador de mentalidade de acción política. Naturalmente, na nova de hoxe as palabras son atribuídas e hai cores políticas e actuacións concretas polo medio, nun lugar determinado, mais prefiro deixalo así: coido que é abondo máis explicativo. Viaxes, dietas… ou calquera outro emolumento…
