-
Repensando a democracia, escoitando
A multitude de actos de diversos tipos que se producen en Ribadeo no verán fan imposible na práctica o seu seguemento. Así pasa esta mesma tarde coa coincidencia da actuación da Coral Polifónica de Ribadeo coa presentación do libro (Re)pensar a democracia. Ti elixe. O que si diría é: participa.
-
Arredor da estrada ‘no porto’
Onte a alcaldía liberou unha nota de prensa dicindo que a estrada que evita Mirasol (non ‘no porto’ como pon a nota no título, e que eu copio) seguirá cortada. Aproveita para dicir que ‘neste tema’ están a partir un piñon, o xefe de portos e o alcalde. Mais, hai uns días, aparecía neste blog…
-
Arredor dunha suposta entelequia
Onte chegou ata min unha nova pola que o alcalde de Ribadeo, falando en relación coa illa Pancha, dicía, referíndose ó grupo ‘Por Nuestro Faro’, “medio entelequia, ou non sei ben o que é, de afectados“. Ó respecto, como membro do grupo (que non portavoz) coido que é convinte aclarar algunha cousa: 1.Cremos que afectados…
-
A illa Pancha é (e segue a ser) cousa de todos. NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO”
A illa Pancha, cun coche dentro, onte (foto Suso Fernández) Dicían que, despois da apertura, o ‘tema faro’ estaba acabado. Se se miran as novas, parecen máis ben que por fin comezou… NOTA INFORMATIVA DO COLECTIVO “POR NUESTRO FARO” Ao fio das últimas noticias sobre o peche de actividades dos apartamentos da Illa Pancha…
-
Medio mandato, mandato a medias
Aló polo 2003 comezaba a súa andadura unha corporación municipal que, ó ano seguinte, recibiu por parte da AVV O Tesón unha nota en relación ós puntos do seu programa que foran tratados no que ía de mandato, vendo o desenvolvemento de cada un nunha porcentaxe estimativa, poñendo esa porcentaxe en relación co tempo transcorrido…
-
Non vin en tren… porque non hai tren
Dende hai algún tempo, a situación da liña de FeVE Ferrol-Xixón non deixa de deteriorarse acusando a falta de mantemento e a escasez de trens e persoal, o que levo tratado en diversas ocasións (‘Papá, ven en tren‘ é un exemplo do conxunto). Isto levou a un grupo de alcaldes da zona galega (mal organizados…
-
O mentireiro ribadense
Hai anos, unha publicacion anual, ‘O mentireiro verdadeiro‘ tiña unha acollida que batía marcas no campo galego. o seu apelido desmentía o nome, deixando a súa valía nun limbo acomodable. Hoxe deixou de editarse, en parte superdo polas novas tecnoloxías, pero tamén debido a outros factores. Un que creo que influeu foi a asunción das…
-
A preocupación pola corrupción
A preocupación, actuación. Iso, coido, debera ser. Mais aquí as cousas van por outro lado. O de ‘que inventen eles’ debeu xeralizarse para que agora quede en ‘que actúen eles’. E moi amrdazado está o país para que, cos nivis rampantes de corrupción coñecida, aquí non pase nada. Onte saiu á luz a última enquisa…
-
Cumpreanos da contaminación ó Lexoso
Cinco cumpreanos. Cinco anos é o que leva denunciándose a contaminación producida polo CAVI (Centro de Alimentación de Vacuno Irmandiños). E seguimos. Agora, En Marea preguntará no Congreso a ver que pasa. Mentres, a nota de prensa do alcalde de hai uns poucos días (23 de marzo) manifesta ás claras un problema que vai máis…
-
Papá, ven en tren
A foto da imaxe non corresponde á actual liña de FEVE Ferrol-Ribadeo. A xuntanza que van ter mañá diversos alcaldes que teñen formado unha plataforma da que non forma parte polo momento Ribadeo, si ten relación co mal estado do material rodante, supresión de servizos e ninguneo da liña por parte da xestora de infrastruturas.…
