-
O seis de decembro non é o día da Constitución máis que no nome
Alguén celebra o día que foi feita a ‘Pepa‘, a primeira Constitución española? E as seguintes? Pois a Constitución que se celebra este día 6 de decembro xa foi desconstituída ( máis de incumprida nos artigos 1, 14, 16, 20, 31, 35, 47, 48, 50, 51… como podes ver en ’10 artículos de la Constitución…
-
Iniciativas de desinteresado interese
Un xornal de amplia tirada e máis amplia subvención directa e indirecta en Galicia vai contratar ós presidentes galego e asturiano para debatir sobre infraestructuras, crise demográfica e modelo de Estado e financiamento. É claro anunciando que quen paga será un bondadoso banco recentemente trasladado de Cataluña a Madrid, e no aviso deixa caer pinceladas…
-
Menos medio millón. Nota de prensa da Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo
O grupo que formamos a Plataforma pro Residencia de Maiores de Ribadeo vemos cada pouco tempo anuncio de inversións (reais ou ficticias, actuais ou pasadas ou por vir) da Xunta de Galicia. Vemos mesmo que ditos anuncios fanse ás veces non de xeito institucional, senón por xente do partido que leva as rendas da…
-
Dor, tristeza, rabia, noxo
A estas horas estará Feijoo falando no Voar: comezan os VIIForos de Debate, impulsados por Segismundo García (Voar e Grupo Sargadelos) coa ‘ética e política’ como tema. Hoxe fixen algo así como xaxún político e non acudín. Ó fin, ós 70 000 € de subvención á prensa só polo tema incendios do mes pasado…
-
O punto sobre a i de violencia
Non é a primeira vez que sinalo que ter o control de que falar, de que discutir, é ter o control, a secas. E co de Cataluña estase a amosar unha vez máis a verdade do dito: aí vai esquecida toda a corrupción anterior e o que leva saído (e se leva calado, porque tiraba…
-
O discurso do El Rei de onte
Non o vou comentar, só deixalo para a posterioridade e acompañalo cunha pregunta e un feito que calquera pode comprobar na web de Europa Press: 1. Ter pasaporte español e non querer prescindir del da patente de corso? 2. Se tentas copiar o discurso dende a páxina de Europa Press, non se copia máis que…
-
Información xeral dende Bruxelas
A conta de diversos comentarios (non no blog, senón nas redes sociais), collendo de xeito parcial a declaración da UE sobre o referendo catalán, coido que debe lerse enteira para que non remate distorsionada, nos guste ou non (http://europa.eu/rapid/press-release_STATEMENT-17-3626_es.htm). Saúdos.
-
Despois do 20-2, mirando a outra parte
Vale. Se o referendo catalán fora un partido, o resultado sería algo así como 20-2. Si, pódenselle dar moitas voltas, como que lograran votar máis de dous millóns de persoas despois de roubar urnas ou entrar a paus nos centros de votación. Pro o resultado está aí. Claro. Mentras, a xente toda deste estado, seguiremos…
-
Cataluña, dende Galicia
Atopo o cartel no correo e nalgún lugar máis. Signos dos tempos, diría alguén. Algún purista, que non é Cataluña o que hai que debatir, senón a ‘cuestión catalana’ e a deriva actual… Coido que é a primeira ‘cousa’ que poño no blog relacionada co 1-O, porque, ó fin, se non fora pola convocatoria dun…
-
Poñer Remedios
Hoxe a prensa faise eco do enfado (un máis) do PP ribadense porque o alcalde non foi a ser testemuña ós Remedios da petición de Elena Candia á virxe (lembremos, dos Remedios) Mentres, algunha das circunstancias: *O alcalde si foi á procesión da patroa, tamén acto relixioso (aínda que entendo que para ese non tivo…
