Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.312 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Que non nos enganen: dúas novas económicas que afectan a Galicia

    Temporal. Unha cancelación dunha actividade que me afecta polo Fabien. O tempo está tolo. E coa economía quérennos tolear. Pode parecer que non teñen relación, pero as dúas novas de onte que remato de ler en El Economista e que afectan a Galicia coido que teñen relación co clima. Unha, que as contas do pasado…

  • Polas pensións

    O autobús vai enchéndose: Ribadeo, Barreiros, Vilanova, Mondoñedo… aínda non son as sete e media e as prazas están todas ocupadas. Esta xente madruga. Ó traballo? En certo xeito si: ó traballo de defender os seus dereitos despois dunha vida laboral que xa ten rematado. Vellos coñecidos a través dos anos, de toda unha vida,…

  • A Constitución como nai adoptada

    Soe ser normal que quen teña o control nunha relación nai-fillos sexa a nai sobre os fillos e non viceversa. De aí parto cando comezo a escoitar aquelo de ‘os pais da Constitucion’, como se alguén poidera ser orfo de nai ou houbera unha especie de ‘Espírito Santa’ feminina para a Constitución. Ou, en versión…

  • PRIVATIZACION DA AXUDA NO FOGAR POLO CONCELLO DE RIBADEO. Nota de prensa COLECTIVO EN MAREA RIBADEO

    O dia 28 de novembro remata o prazo para a presentación de solicitudes por parte das empresas privadas que desexen presentarse ao concurso convocado polo concello de Ribadeo para o servizo de Axuda no Fogar na modalidade de dependencia. Habería moito que comentar respecto desta convocatoria, pero ímonos referir so a dous aspectos que consideramos…

  • Historia electoral de Ribadeo (eleccións xerais). V.201911

    Seguindo coa historia electoral de Ribadeo (a versión anterior está aquí), de novo deixo uns poucos gráficos para facer unha primeira interpretación das eleccións xerais en Ribadeo, sen prexuízo de que o comentario se alongue e se aumenten máis datos máis adiante. O primeiro é a porcentaxe de votos emitidos e abstencións. Pódese ver que…

  • Se non sodes iguais, amosade que sodes diferentes

    Trasformado de Rama, CC BY-SA 2.0 fr, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=2067181 Noraboa, lográchedelo. Porque iso era o que íades procurando, o medre das posturas máis extremas, as diferentes ás nominais ata o de agora, non? Tentando igualar a corrupción por arriba, tomando unhas decisións mentres que se manifestan outras, con loitas internas solucionadas cun liderazgo non forte, senón…

  • Nota de prensa En Marea

    Ribadeo, 6 de novembro, 2019. O pasado día 4 de novembro rexistramos no concello de Ribadeo o Recurso de Reposición que anunciamos a semana pasada. O motivo do recurso é que o concello non deu resposta ás preguntas e á petición que tíñamos presentado o día 27 de setembro. O contido destas preguntas xa o…

  • Elección non rima con bon

    ‘Eran os mellores tempos, eran os peores tempos’. Así comeza a ‘Historia de dúas cidades‘ de Dickens. E así podería comezar a nosa historia actual camiño dunhas novas (e)leccións o 10 de novembro. E é que hai xente para quen ‘as cousas’ marchan ben. E para a que non, nin moito menos e diríase que…

  • Por ti, a Madrid

    Nestes momentos, unha delegación de xubilados de Ribadeo viaxa camiño a Madrid, á manifestación estatal na que participa xente de toda España, incluídos quenes fixeron a marcha a pé dende máis de 600 km de distancia. O dicir delegación é máis un desexo que unha realidade. Trátase máis ben dunha representación que saiu ás 11…

  • Fake news, fake economía, fake política…

    A propagación da mentira como moda. Coido que esa frase pode ser o resume dun dos fenómenos máis perigosos que está a vivir a sociedade nos tempos que corren. A invasión das fake news, as falsas novas, é un feito. Sempre as houbo, pero a magnitude actual e a credibilidade que se lles está a…