-
Electores: clientes ou propietarios?
Onte caeu nas miñas mans un vello apunte o que tiña o título do apunte de hoxe. A cuestión non é banal, e non só en Ribadeo. Somos os electores os ‘emanadores’ do poder dos que os políticos son só depositarios, como parece ser nesa entelequia que se chama democracia? Ou ben, como teño visto…
-
Dous bit sobre a economía e Ribadeo. II)Conclusión
En Ribadeo, ás veces a economía é ‘keynesiana’: fánse actividades e regúlanse polos poderes públicos, competindo coas privadas, e mesmo lle encargan a empresas a súa realización. Outras, é ‘friedmaniana’: que cada un se apañe como poda, desregularizando todo. En calquera caso, temos o funcionamento da teoría dos xogos: quen fai trampas, pode prosperar mellor,…
-
Proveito político
Despois de tres horas desperto pola música allea, aproveito para facer o blog: a estas horas levantareime mañá e de calquera xeito, o horario dominical está perdido polo cansancio da noite. Remato de ler titulares dun periódico, e atópome coa nova de que van cesar as protestas de protección civil por non estar aberto o…
-
A sociedade da información en Ribadeo, 2ª parte
A casualidade fixo que onte me tropezara con dúas mostras, unha por parte de cada un dos ‘grandes partidos’ teóricamente en contra do outro) que van no sentido de aproveitar a informática con fins eleitorais. É dicir, non exactamente no bó sentido que propuña para Ribadeo, senón máis ben en sentido contrario. Nun dos exemplos,…
-
A sociedade da información en Ribadeo
Din os expertos que en España estamos retrasados nesto da sociedade da información. Despois de facer onte un repaso de novas en relación a Ribadeo noutros blog, ocórreseme que un síntoma dese retraso é que ata agora non aparecera ningún blog de partido de cara ás próximas municipais. Nas presidenciais dos EEUU xa tiveron repercusión…
-
Perspectivas (electorais en Ribadeo, por exemplo)
A seis meses das leccións, se me piden facer un pouco de prospectiva, téñoo claro: 4,4,4 e 1. O un, para o independente. Os outros 4, repartidos por orde de votos, para PP, BNG e PSOE: o PP segue a perder votos, unha volta perdido o ‘efecto poder’, mentres vexo ó PSOE sen creto para…
-
“Expertos galegos e lusos falarán do tirón turístico da arqueoloxía”
É unha nova do paquete, de aquí á beria, da capital de provincia que corresponde a Ribadeo. E aquí andamos ás voltas co castro das Grobas… que se unhas horas dunha das brigadas de limpeza van ser adicadas a limpalo de maleza… Pero que atrasadiños estamos! Deixa que se entere o alcalde e/ou o dinamizador…
-
As nosas citas de cada día, dánolas hoxe…
Parafraseando ‘o noso pan de cada día, …’, ás veces parece tan necesario para a persoa atoparse con novas ideas (ou vellas ideas expresadas dun novo xeito) como comer. Aí van algunhas que me atopei hoxe, a persoa citada e a entrevista ou artigo: “Eu vexo que a tentación da política non é tanto mentir…
-
Confusión en Ribadeo
E moita. E non se trata da confusión, noitre tras noite, que produce a música alta xa cando te deitas e despertar ás tantas da noite sabendo incumprimentos varios nos locais que coproducen a movida (no meu caso). Non, refírome a cousas como os cartos. Coinciden hoxe en titulares que a variante oeste leva un…
-
Pero bueno…! ou virando chaquetas en Ribadeo
Agora resulta que a costa en Ribadeo xa está protexida (o sr. alcalde dixit), cando, por poñr un exemplo, anda con dúas piscifactorías a voltas, e non na zona dos 500m que pensan permitir (ó que parece, se non é un dos ‘globos sonda’ que a política nacional consagrou no mandato pasado) senón na actual…