-
Quen perde de a noite,perde o día
O dito non aclara que pasa coa xente á que lle fan perder a noite e a mañá seguinte. Polo sistema de proporcionalidade, non se recuperarían ata que pasaran dous días. E eso foi o que me pasou a min entre a noite e a mañá de onte, co que saldarei contas a finais do…
-
2006, balance dun ano de ruído en Ribadeo
1.Os ruídos Despois de anos de datos, 2006 en Ribadeo e en canto ó ruído, foi un ano neutro: nin se pode dicir que aumentara substancialmente nin moito menos que diminuíra o ruído nouturno en relación ó pasado ano, manténdose este cuatrienio básicamente ó mesmo nivel de intensidade, pero aumentando o número de días afectados…
-
Galiza 1 – Ecuador 1. (facendo país co fútbol). Pechando Mirasol (desfacendo país coa política)
Onte, unha delegación de ribadenses desprazámonos ata A Coruña para ver o segundo partido da selección galega na nova época. Nova época porque parece que o primeiro partido foi aló polo 1922, e houbo abondos ata o 1939. Pero o importante do partido non era o fútbol, con xogadas boas e malas, entradas máis que…
-
Por que esta foto non é actual? Inocentes en Ribadeo
é unha foto tomada case vai un ano. Non embargantes, costa descubrir, a non ser pola data, cando foi tomada. Só un pequeno detalle fai ver que non é actual: hoxe a valla está máis retirada, impedindo case o paso pola estrada. Parece unha inocentada do día de hoxe, pero non o é. Tamén resulta…
-
A casa da xuventude, por fin
Por fin, hoxe, 26 de decembro de 2006, a casa da Xuventude emprégase para a xuventude. Coido que o anterior é abondo explicativo, despois de esperar e esperar. Coa pirámide demográfica de Galicia, e ademáis tendo en conta que a xente nova non vota, os gastos de transporte en tren da xente maior non se…
-
Privatizando Ribadeo
Hoxe, dando una volta por algún sitio polo que xa facía tempo que non pasaba, ocorreuseme que estou de acordo co alcalde en que este goberno pasará á historia. Pero non o fará polos monumentos estilo fonte, cocos ou Marqués, tampouco polos retrasos acumulados en cirunvalación, autovía ou polígono industrial. Nin pola construcción dun novo…
-
Madrid – Ribadeo. Unha viaxe de ida e volta?
Moitas voltas teño dado sobre a (falta de) participación da xente en Ribadeo en diversas pequenas (ou grandes) cousas. Por eso teño desenvolto unha pequena teoría, se ben pouco contrastada. Aínda onte, falando cun amigo, saíu o tema. Para min, nun curto resume, houbo unha emigración a Madrid que para Ribadeo máis que para outros…
-
Internet é o que máis se utiliza no centro xuvenil
Si, en Burela. En Ribadeo seguimos a esperar que os políticos se decidan a rematalo/inauguralo. Pode que agora que se achegan as municipais, a próxima xeración de ribadenses poda usalo. Hai un días que lembrei que o de Vilalba xa é da xeración anterior, e que aquí o único cambio visible dende que decidiron deixalo…
-
…continuando, e artigos vellos
A revisión dunha serie de papeis está a darme sorpresas. Á beira, un titular dunha nova na que particiba eu dando información. O subtítulo, hoxe, cando o alcalde leva máis dun ano refusando reunirse coa mesa de asociacións, produce risa. A lembrar, por se se quere comprobar por exemplo a data, que clicando consíguese unha…
-
Chorando pola casa da Xuventude (3ª de hoxe)
O 7 de xaneiro de 2005, remato de re-descubrir, á beira dun artigo meu na p.7 de A Mariña/El Progreso, un titular dicía: ‘El alcalde asegura que el municipio vivirá un “gran despliegue” este año’. No texto, entre outras, adiantaba a idea de que as obras do polígono industrial arrincarían en xuño dese ano, o…