-
Ribadeo tóxico
Hai que recoñecer que Ribadeo é pequeno. Que necesitamos mirar ás voltas para fóra para non caer na abulia desesperada polo sumidoiro de cousas que se fan mal. Tampouco hai que pensar que é o único sitio do mundo no que pasa: sería un ribadeocentrismo redutor. Pode que por eso o alcalde viaxe: non para…
-
Noite de eclipse en Ribadeo
As nubes cubrirán o eclipse desta noite en Ribadeo, o eclipse de Lúa mellor posicionado en abondos anos (ata o 2029). As dúbidas de todo tipo xa cobren o aínda culebrón Balbino/Santi (ou Santi/Balbino, que tanto monta, monta tanto). E mentras, de paso, tenta de cubrirse que se peche o porto, que o camiño cemiterio-vila…
-
Votámolos, puxémolos aí para que gobernasen doutro xeito, non para perpetuar comportamentos fraguistas
E os que discrepamos entón deses comportamentos non podemos calar agora. Verbas de Suso de Toro no artigo ‘Foi para facer outra política’ (en castelán) no El País, a semana pasada. Coido que con esa introducción, xa podemos falar doutra cousa. Pode a mente seguir pensando, no bipartito Xunta á que se refire o escritor…
-
Ribadeo, adxudicado (por sorte, esta volta para obras)
Quen non ouviu aquelo de ‘as cousas de palacio van despacio?’ Pois eso: Ano e dous meses despois do desprendemento da estada do faro, foi adxudicada a ‘mellora’, e dicir, a reparación. está visto que a paciencia todo o acada (cita de Santa Teresa de Xesús… porque parece que fai falta ser santos algunhas veces…
-
Internet na campaña electoral en Ribadeo
Din que España non está aínda (ou está nos postos de cola) na sociedade da nformación. así, mentras que os blog estraron xa de cheo na campaña electoral I de Bush, aquí non aparece nin un dos partidos na campaña electoral Balbino II (bo, é un dicir, porque xa estivo con anterioridade no goberno municipal…
-
Recollendo unha cita para a casa Ribadeo (2ª de hoxe)
“Montesquieu houbérase alarmado despois de explicarnos que a democracia non é só votación, senón equilibrio de poderes e salvagarda de dereitos” “Ditaduras con votos téñense visto moitas, pero non por eso deixaron de ser ditaduras” Dúas citas traducidas dun artigo de Julio María Sanguinetti a pasada semana (22/2) no ‘El País’ e que coido son…
-
Ribadeo, problemas comúns
Xa vai sendo común que haxa algunha nova de Reinante; esta vez, que deixe de ser Deputado Provincial, pero a min non deixa de asombrarme: onte mesmo pensaba que a historia rematara. De calquera xeito, refírome a historias comúns doutro xeito: volve o anuncio de que se repara a estrada do monte (e xa van…
-
Domingo en Ribadeo, quen vai á misa?
Hoxe, o título dunha obra de teatro a representar no auditorio Hernán Naval fai reflexionar sobre que pasaría se o teatro fora tanpopular como hoxe o é o fútbol. E que pasaría, hoxe domingo se o fora a relixión? Só teriamos que voltar a vista uns anos atrás para ter unha aproximación. Despois do artigo…
-
Continuando en Ribadeo (2ª de hoxe)
A outra de hoxe era sobre o esforzo. Esta, sobre actos. Onte tiveron lugar asambleas de O Tesón e a SSM AConcordia, un acto en teoría organizado pola asociación de amigos do país da zona para ser capitalizado eleitoralmente pola alcalde e o comezo das curtas nouturnas. O primeiro, pouco concorrido, foi un acto de…
-
Culebrón
Coido que a algúns seriais da radio lles comezaron a chamar ‘culebrón’ porque unha volta comezados pola cabeza, seguía un corpo da historia que sempre era igual e alongábase, alongábase, alongábase…. como unha longa culebra. si, refírome á nova intervención de Reinante en Ribadeo contra os seus antigos compañeiros (ver a prensa de onte, de…