Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.309 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Programas das candidaturas á Corporación de Ribadeo

    Só unhas verbas polo momento. Citei hai tempo que os partidos políticos rematarían meténdose en internet para as eleccións, mesmo locais. algo que por agora non se cumpre, pero que está propiciando interesantes iniciativas como unha páxina en internet en formato wiki onde ir colgando as promesas dos candidatos. Pois aquí espero ir tamén colgando…

  • Dos outros blog e novas sobre Ribadeo

    Relendo a información sobre a presentación do novo partido, boto en falta unha mención sobre a clarificación das accións do concello (é dicir, máis transparencia cara ós administrados), ou un compromiso sobre urbanismo, por poñer só dous exemplos. Claro que no que se pode leer nos papeis non é moito o que sae. Nos outros…

  • Os tempos cambian

    Estou aínda asimilando o diferente tratamento que da hoxe Inglaterra a Irán polo tema do chamado secuestro dos seus militares días atrás e o que deu hai anos polo tema da ‘conquista’ arxentina das Malvinas. Certo é que o tema de enfrontamento é diferente, así como a magnitude do mesmo, pero o trato dado ó…

  • Festa xitana en Ribadeo

    Onte o cine Teatro tivo de novo vida despois do seu peche (segue aparecendo o cartel de ‘cerrado por descanso del personal’) cunha festa xitana. Escoitábase a música ó pasar, e víase axente entrar e saír, e o servicio de portas organizado… porque o que se notaba era diversión organizada, ó seu xeito, pero ben.…

  • Feira da Ciencia en Ribadeo, e van 13

    De novo a feira da ciencia comeza o seu andar en Ribadeo. Está invitada toda persoa que por alí queira pasar. Na inauguración, en contra do que viña pasando estes anos, participou o Alcalde, mentras o Tenente de Alcalde estaba sentado co público, o mesmo que a concellala de cultura. Eso si, estes quedáronse á…

  • 50 anos e un día

    Onte culminaron as celebracións dos 50 anos da Comunidade Económica Europea, hoxe UE. Un día despois, eses 50 anos e un día da para pensamentos carcelarios e para pensar no futuro, unha auténtica amalgama de pensamentos sobre unha estrutura complicada como a da UE. Non estamos atados como en prisón dentro da Unión, pero podemos…

  • Un día de 23 horas?

    Por ausencia, hoxe destaca a de Ribadeo no chan industrial previsto para xa na provincia. Vése as claras na edición de hoxe de La Voz. O polígono tantas veces prometido, que irá (ou mellor, virá) pero a paso de trataruga. de calquera xeito non vai deso o título: vai de que hoxe cambiou a hora,…

  • Eppur si muove…

    É dicir, ‘e nembargantes, móvese…’ Din que esas foron as verbas que marmuriou Galileo ó saír do tribunal da Inquisición cando lle impuxo o castigo de silencio sobre o feito do movemento da Terra. Pois si, pouco a pouco as cousas estánse a mover. O outro día sinalei un artigo periodístico, asinado por un ‘home…

  • Música libre e ruído penado, en Ribadeo e en España.

    Acumúlanse as novas ás veces. Hoxe é un deses dias no que parece que hai que andar usando taquigrfía para coller as cousas ó vó. Comezaron onte, primeiro día da primavera e baixo un frío e un vento como non o houbo no inverno, a reforma no pavillón vello, de xeito que os vestuarios están…

  • Do Xardín de Sela ó ceo de Ribadeo

    Dicía onte que as vistas do xardín poden ser moi diversas e ofrecer polo tanto diferentes ‘visións’. Aí van varias do entorno das flores de onte. Unha, de onde tomei unha parte para as flores, outra, onde se ve claramente que o xardín non é máis que unha illa verde no mar de fóra, con…