Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Os tempos cambian

    Estou aínda asimilando o diferente tratamento que da hoxe Inglaterra a Irán polo tema do chamado secuestro dos seus militares días atrás e o que deu hai anos polo tema da ‘conquista’ arxentina das Malvinas. Certo é que o tema de enfrontamento é diferente, así como a magnitude do mesmo, pero o trato dado ó…

  • Festa xitana en Ribadeo

    Onte o cine Teatro tivo de novo vida despois do seu peche (segue aparecendo o cartel de ‘cerrado por descanso del personal’) cunha festa xitana. Escoitábase a música ó pasar, e víase axente entrar e saír, e o servicio de portas organizado… porque o que se notaba era diversión organizada, ó seu xeito, pero ben.…

  • Feira da Ciencia en Ribadeo, e van 13

    De novo a feira da ciencia comeza o seu andar en Ribadeo. Está invitada toda persoa que por alí queira pasar. Na inauguración, en contra do que viña pasando estes anos, participou o Alcalde, mentras o Tenente de Alcalde estaba sentado co público, o mesmo que a concellala de cultura. Eso si, estes quedáronse á…

  • 50 anos e un día

    Onte culminaron as celebracións dos 50 anos da Comunidade Económica Europea, hoxe UE. Un día despois, eses 50 anos e un día da para pensamentos carcelarios e para pensar no futuro, unha auténtica amalgama de pensamentos sobre unha estrutura complicada como a da UE. Non estamos atados como en prisón dentro da Unión, pero podemos…

  • Un día de 23 horas?

    Por ausencia, hoxe destaca a de Ribadeo no chan industrial previsto para xa na provincia. Vése as claras na edición de hoxe de La Voz. O polígono tantas veces prometido, que irá (ou mellor, virá) pero a paso de trataruga. de calquera xeito non vai deso o título: vai de que hoxe cambiou a hora,…

  • Eppur si muove…

    É dicir, ‘e nembargantes, móvese…’ Din que esas foron as verbas que marmuriou Galileo ó saír do tribunal da Inquisición cando lle impuxo o castigo de silencio sobre o feito do movemento da Terra. Pois si, pouco a pouco as cousas estánse a mover. O outro día sinalei un artigo periodístico, asinado por un ‘home…

  • Música libre e ruído penado, en Ribadeo e en España.

    Acumúlanse as novas ás veces. Hoxe é un deses dias no que parece que hai que andar usando taquigrfía para coller as cousas ó vó. Comezaron onte, primeiro día da primavera e baixo un frío e un vento como non o houbo no inverno, a reforma no pavillón vello, de xeito que os vestuarios están…

  • Do Xardín de Sela ó ceo de Ribadeo

    Dicía onte que as vistas do xardín poden ser moi diversas e ofrecer polo tanto diferentes ‘visións’. Aí van varias do entorno das flores de onte. Unha, de onde tomei unha parte para as flores, outra, onde se ve claramente que o xardín non é máis que unha illa verde no mar de fóra, con…

  • Unha (ou catro) chamadas de atención

    As fotos dan moito de si. As de hoxe son 4(+1) de Ribadeo para chamar a atención (e a unha para plantear unha visión diferente). A Primeira, igual que as outras, unha denuncia xa coñecida: o lixo e a separación, o do cacareado ‘burriño ecolóxico’, non sei de onde se sacou ou como houbo que…

  • Matemáticas electorais para Ribadeo

    Esta segunda entrada de hoxe vai para cargar un vello artigo con motivo de eleccións anteriores. Está ‘descontextualizado’, porque as eleccións refereidas son as municipais ribadenses do 2003, pero quen prema co rato nel para amplialo ó mellor está mellor preparado para despois das novas eleccións…