-
Sons na noite (de Ribadeo)
Remato de enterarme que a eso das 5 da mañá dos domingos hai un programa da galega que se chama ‘sons na noite’. é dicir, para toda Galicia. Mágoa que sexa de música clásica; en Ribadeo, na ‘vijo Pancho’ ou na ‘Pasarón y Lastra’ a estas horas, tiñan recollida de sons gratis con potencia abondo…
-
O derradeiro atraso?
… ó final, non puido ser. Nin autovía nin circunvalación están aínda hoxe en servizo, despois de ser posta data para a súa inauguración. É dicir, aínda están a tempo de facer as correccións oportunas que sinalaba onte. Ó tempo, o novo partido, a UPRi, leva a 100 mulleres de excursión á planta de vidro…
-
O dito
DOG en man, Mirasol con desdoble de vía pública, porque unha xa non será tan pública. Aparecen 1,4M€ para facer o desdoble que nos prive de Mirasol. De calquer xeito, a presión logrou que as verbas do alcalde por esta vez non foran tortas, pois aínda non se cerraron as portas de Mirasol e en…
-
Portugal
A pesar das dúas densas entradas anteriores, referidas a temas máis locais de Ribadeo, non podo deixar pasar o día sen meter outra máis hoxe. Hoxe é o cabodano da revolución dos caraveis… aquí deixo ‘Grândola’, a canción que marcou o inicio da revoluçao (pode baixarse o mp3 aquí): Grândola, vila morena Terra da…
-
Escola de música Hernán Naval e futuro
Onte, pleno obrigado polo PP. Punto 1, sobre o conservatorio e a escola. Comezou con algo incomprensible. Dicindo o alcalde que era irregular e pedindo información. A resposta lóxica de Andina: Por que o convocou entón? e, a parte, que a información debida estaba entregada. O punto foi el só a metade do pleno en…
-
Día do libro en Ribadeo
A pregunta é, hóuboo? É dicir, celebrouse? A única cousa polo que alguén sería capaz de detectalo era por un anuncio do desconto do 10% en libro na Casa do Libro. Se houbo máis celebracións, pasaron totalmente desapercibidas fóra dos centros de ensino, e aínda ás veces, dentro. As fotos, dunha rúa semi-automobilizada e unha…
-
Canto antes
Ésa é a consigna: ‘Canto antes’. É dicir, antes das eleccións. Se alguén opina o contrario, que lea a prensa de hoxe, por exemplo, na que o alcalde anima a presentar a solicitude para prazas laborais do centro de día ‘canto antes’, porque… remata o prazo. O 3 de maio, e isto sí é ‘paxaro…
-
A intelixencia colectiva e Ribadeo
Puido chamar a atención no último pleno que máis ou menos todos os líderes politicos fixeran gala da intelixencia popular, como querendo flirtear con ela e levar o gato a auga. En momento como ese penso que non existe tal intelixencia popular en abstrato, senón marcada pola estrutura desa ‘intelixencia’. Casos para asustarse cando se…
-
E detrás da tempestade, chegou a calma para Ribadeo?
Case ó tempo que se estaba a producir o pleno de anteonte, saía o Beza da ría pola que se chegou a temer ó quedar varado. Deixa no porto ó Edda From, encago noruegués para Gondán, ó futuro servizo de plataformas petrolíferas, así como un barco guerra coido que para Kenia e xa está…
-
Unha nova oportunidade para Ribadeo
Onte, o pleno, dende o primeiro momento, pareceu unha partida de xadrez. De feito, diría que, ó contrario que a xeralidade, o resultado deste decidiuse sobre o taboleiro, é dicir, sobre a propia marcha dun pleno no que había abonda xente, pero non tantos dos veciños ‘invitados’ do alcalde. E na partida, dende unha posición…