Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.416 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Etiqueta: política

  • Hoxe tocaba pleno en Ribadeo

    Tocaba, pero outra vez máis, non o houbo. O por que, non o sei. Protestará a oposición mañá? Hoxe a nova foi un aspecto do mitin de onte: os rapaces e rapazas que estaban sentados detrás dos oradores, mantendo carteis de apoio (non os contei, sobre unha ducia), leváronse unha camiseta e 20€, e foi…

  • Talante en Ribadeo

    Despois das varias entradas de onte, só un pequeno comentario hoxe a auga pasada. Vexo que o sábado Touriño advertiu de que co PP, Vigo podería quedar illada. Mágoa de actitude como a que facía gala o mesmo PP de negar o pan e a sal se era xente de diferente cor política. Unha cousa…

  • Cheo o patio de butacas do auditorio Hernán Naval, Ribadeo

    Estoume a referir ó mítin do BNG (ver programas eleitorais), que certamente aplicou neste caso o lema eleitoral de ‘pensado para ti’. En máis dunha hora da tempo para dicir moitas cousas; aquí só vai algunha: A aposta foi polo traballo dende o goberno, especificou M. Luz nas súas verbas e continuaría cando lle cheogu…

  • Decepción

    Remato de levarme unha decepción. Despois dunha sentencia condenatoria do concello, locais con licenza e sen condicións (logo legalizados, pero ilegais), despois de seguir a sufrir 50dB polas noites e demáis… os partidos non contemplan nos seus programas nada respecto do ruído en Ribadeo… (aínda non tiven acceso a todos os programas, a ver se…

  • Unha opinión lóxica. Mágoa! non é de Ribadeo

    Collo do xornal as verbas de Manuel Otero, viveirense: O normal, di, sería que «o que fixese cambiar a intención de voto fose o día a día de todo o mandato». Ogallá fóra así sempre. O malo é que a psicoloxía di que na lembranza teñen máis peso unhas lembranzas que outras, e un dos…

  • Aviso de programa eleitoral (II)

    Está xa en Ribadeo historia, ademáis de en ‘Parladoiro‘ o programa eleitoral do BNG para as municipais 2007.

  • aviso de programa eleitoral

    Un comentario a unha entrada anterior fixo que agora xa esteña o programa da UPRI para as municipais 2007 en Ribadeo historia (a máis de no seu blog)

  • Promesas

    Unha entrada anterior do blog sobre un tema relacionado titulábaa ‘parole, parole’, como a canción de tamén hai tempo. E é que en campaña (mesmo fóra dela) moitos políticos non se privan de parolar a ver quen di máis (o de facer, antes ou despois, eso xa é outra cousa). Hoxe o título dunha nova…

  • Bitácoras políticas en Ribadeo

    Despois da presentación do ascensor de onte, presentación hoxe das dúas páxinas de partido que hai cara ó comezo de campaña en Ribadeo. ningunha das dúas se move moito, ambas están en experimentación, e hai grande diferencia entre elas. A do BNG é o ‘Parladoiro’ levado a internet e con algunha ligazón (non a estas…

  • De improperios e patadas a sorrisos

    Tanto a fin de semana como a noite de luns a martes sucederon casos de agresións á Guardia Civil; no primeiro, no mesmo cuartel; no segundo, no centro. Non deixan de ser curiosos ambos, pois parece que nos dous casos reinaba a calma na veciñaza. En contra de accións como as anteriores, a Paco Lanza,…